Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación

O Goberno remite ás Cortes Xerais os convenios número 177 e 190 da OIT

08-11-2021 - OIT

Trátase do convenio número 177, sobre traballo a domicilio, e do número 190, referente á eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo. A adhesión a ambos os convenios supón profundar na protección dos dereitos laborais das persoas traballadoras, independentemente de onde desenvolvan a súa actividade profesional e o respecto dos dereitos fundamentais no ámbito laboral.

Convenio 190 da OIT

O convenio número 190 da OIT sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo foi adoptado na reunión da Conferencia Internacional do Traballo en xuño de 2019 e, actualmente, a súa aplicación entrou en vigor en dous países.

O convenio sinala á violencia e o acoso no traballo como unha ameaza aos dereitos humanos incompatible co traballo decente, requirindo un enfoque inclusivo que teña en conta as consideracións de xénero.

O texto do convenio, que se someterá á aprobación das Cortes Xerais, protexe a todas as persoas que participan nas relacións laborais sen ter en conta a súa situación contractual ou se pertencen ao sector público ou ao privado. Tamén estende o seu ámbito a calquera lugar de traballo relacionado coa actividade laboral, aos desprazamentos motivados polo traballo e as comunicacións relacionadas con esta actividade.

Este convenio esixe promover a liberdade de asociación e o dereito da negociación colectiva, eliminar a violencia e o acoso, o traballo forzoso, o traballo infantil e a discriminación en materia de emprego e ocupación, especificamente para os grupos especialmente vulnerables ademais de esixir aos empregadores a adopción de medidas apropiadas para a prevención mediante políticas relativas á violencia e acoso no lugar de traballo.

O convenio establece que se deberán garantir vías de recurso e de reparación apropiadas e eficaces que contemplen procedementos de presentación de queixas e investigación, de solución de conflitos e medidas de protección fronte a represalias ademais de garantir o dereito do traballador de afastarse das situacións que supoñan un risco.

Ademais, recolle a necesidade de aplicar o convenio a través da lexislación nacional, os convenios colectivos ou calquera outra medida acorde coas prácticas do país.

Convenio 177 da OIT

O convenio número 177 da OIT e a recomendación número 184 foron adoptados na 83ª Reunión da Conferencia Internacional do Traballo en xuño de 1996. Actualmente está en vigor en dez países.

Este convenio define o traballo a domicilio como o que se realiza en locais de traballo distintos aos locais de traballo do empregador a cambio dunha remuneración e conforme ás especificacións do empregador.

Recoñece para os traballadores que se ocupan das familias e os fogares os mesmos dereitos que para o resto das persoas traballadoras. Desta maneira, deberán desempeñar o seu labor cunha duración da xornada laboral razoable, contarán cun descanso semanal de polo menos 24 horas consecutivas e deberán respectarse os principios e dereitos fundamentais no traballo como os de liberdade sindical e de negociación colectiva.

O Convenio tamén sinala que deberá aplicarse ao traballo a domicilio a lexislación nacional en materia de seguridade e saúde no traballo e esixe aos intermediarios no traballo a domicilio responsabilidade xunto á do empregador. Ademais, determina o papel da inspección de traballo como  garante do cumprimento da normativa.

Tamén prevé que as persoas traballadoras poidan acollerse ás disposicións  internaciones que lles resulten máis favorables.

Fonte: elderecho.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS