Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación
Normativa xeralSeguridade no TraballoHixieneErgonomía PsicosocioloxíaVixilancia da saúdeServizos de prevenciónSectores de actividadeAccidentes de traballo e EEPPMutuas

Novas normas para limitar a exposición a substancias perigosas, chumbo e diisocianatos, no traballo

09-02-2024 - PARLAMENTO EUROPEO

O Parlamento adoptou o mércores novos valores límite de exposición ao chumbo por primeira vez en corenta anos e para os diisocianatos por primeira vez na historia. Ambas as substancias son de uso habitual na renovación de edificios e na fabricación de baterías, turbinas eólicas e para que os vehículos eléctricos sexan máis lixeiros. A nova lei, xa acordada cos Estados membros e aprobada, protexerá máis eficazmente a saúde das persoas traballadoras ao reducir os límites de exposición para estas substancias.

Comisión Administrativa de Coordinación dos Sistemas de Seguridade Social Decisión Nº H14, do 21 de xuño de 2023, relativa á publicación da Nota de orientación sobre a pandemia de COVID-19 e Notas orientadoras sobre o teletraballo

12-01-2024 - DOUE

Comisión Administrativa de Coordinación dos Sistemas de Seguridade Social Decisión Nº H14, do 21 de xuño de 2023, relativa á publicación da Nota de orientación sobre a pandemia de COVID-19, a Nota relativa á interpretación da aplicación do título II do Regulamento (CE) nº 883/2004 e dos artigos 67 e 70 do Regulamento (CE) nº 987/2009 durante a pandemia de COVID-19, a Nota orientadora sobre o teletraballo aplicable ao período entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023, e a Nota orientadora sobre o teletraballo aplicable a partir do 1 de xullo de 2023

Resolución do 10 de xaneiro de 2024, Acordo derrogación Real Decreto-lei 7/2023, conciliación vida familiar e profesional dos proxenitores e os coidadores e protección por desemprego

12-01-2024 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 12 de maio de 2023

15-05-2023 - BOE-CÓDIGO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 12 de maio de 2023, por modificacións incorporadas no Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, madiante Real Decreto-lei 4/2023, do 11 de maio, polo que se adoptan medidas urxentes en materia agraria e de augas en resposta á seca e ao agravamento das condicións do sector primario derivado do conflito bélico en Ucraína e das condicións climatolóxicas, así como de promoción do uso do transporte público colectivo terrestre por parte dos mozos e prevención de riscos laborais en episodios de elevadas temperaturas

Modificación do Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo

12-05-2023 - BOE

Mediante Real Decreto-lei 4/2023, do 11 de maio, modifícase o Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, establecendo a obrigación concreta de prever medidas adecuadas fronte a riscos relacionados con fenómenos meteorolóxicos adversos, incluída a prohibición de desenvolver determinadas tarefas durante as horas do día nas que estes concorran, resultando obrigatoria a adaptación das condicións de traballo, incluída a redución ou modificación das horas de desenvolvemento da xornada prevista cando a Axencia Estatal de Meteoroloxía ou, no seu caso, o órgano autonómico correspondente no caso das comunidades autónomas que conten co devandito servizo, emita aviso de fenómenos de nivel laranxa ou vermello e as medidas preventivas anteriores non garantan a protección das persoas traballadoras

Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría de Estado de Emprego e Economía Social, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 14 de marzo de 2023, polo que se aproba a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027

28-04-2023 - BOE

Novidades normativas Erga Lexislación febreiro 2023

10-03-2023 - INSST

Erga Lexislación é unha publicación do INSST que contén as novidades normativas relacionadas coa seguridade e saúde no traballo publicadas no Boletín Oficial do Estado e nos Diarios Oficiais da Unión Europea incluíndo hipervínculos directos aos textos das disposicións.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 3 de marzo de 2023

09-03-2023 - BOE-CÓDIGO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 3 de marzo de 2023, por modificacións incorporadas no Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social e o Real Decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, pola Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de Emprego

Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Subsecretaría, pola que se publica o Convenio para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física dos traballadores e a execución das sentenzas condenatorias, e para a toma de conciencia social deste problema

27-01-2023 - BOE

Publicada a Orde ISM/2/2023, pola que se modifica a Orde ESS/1187/2015, que desenvolve o Real Decreto 625/2014, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración

13-01-2023 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 4 de xaneiro de 2023

04-01-2023 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 4 de xaneiro de 2023 -por modificacións incorporadas no Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral- coa Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023

Nova do ISSGA sobre o Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición a radiacións ionizantes

23-12-2022 - ISSGA

Mediante este real decreto realízase unha transposición parcial da Directiva 2013/59/Euratom do Consello, do 5 de decembro de 2013, no relativo á protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes quedando derrogado o Real decreto 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes e o Real decreto 413/1997, do 21 de marzo, sobre protección operacional dos traballadores externos con risco de exposición a radiacións ionizantes por intervención en zona controlada.

Actualización do Código do Ruído do 20 de setembro de 2022

21-09-2022 - BOE

O «Código do Ruído» foi actualizado o 20 de setembro de 2022, por inclusión do Real Decreto 728/2022, do 6 de setembro, polo que se establecen as disposicións complementarias da normativa europea en materia de títulos e licenzas do persoal de voo das aeronaves civís e restricións operativas por ruído, e polo que se modifican o Real Decreto 660/2001, o Real Decreto 1516/2009, o Real Decreto 1952/2009, o Real Decreto 1133/2010 e o Real Decreto 1238/2011; e por exclusión do Real Decreto 1257/2003, do 3 de outubro, polo que se regulan os procedementos para a introdución de restricións operativas relacionadas co ruído en aeroportos

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 12 de setembro de 2022

13-09-2022 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 12 de setembro de 2022, por modificacións incorporadas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais no Artigo 3: ambito de aplicación; a Disposición adicional quinta: Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais, FSP.; e a Disposición adicional décimo oitava: protección da seguridade e a saúde no traballo das persoas traballadoras no ámbito da relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar.

Real Decreto-lei 16/2022, do 6 de setembro, para a mellora das condicións de traballo e de SS das persoas traballadoras ao servizo do fogar. Modificación da Lei 31/1995

08-09-2022 - BOE

Este Real Decreto-lei modifica, entre otros, determinados aspectos da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: elimina o apartado 4 e engade unha disposición adicional décimo oitava a fin de garantir un nivel de protección da seguridade e saúde das persoas ao servizo do fogar familiar equivalente á de calquera outra persoa traballadora; A disposición final primeira, incorpora unha modificación da disposición adicional quinta, pola cal se regula a Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais, FSP.

Limitacións de temperatura en interiores segundo o Real Decreto-lei 14/2022 no tocante a medidas de aforro e eficiencia enerxética e Real decreto 486/1997 polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo

05-09-2022 - ISSGA

Instrumentos de adhesión aos Convenios sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo e sobre o traballo a domicilio

16-06-2022 - BOE-OIT

Instrumento de adhesión ao Convenio sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo, feito en Xenebra o 21 de xuño de 2019. BOE 16/06/2022. Instrumento de adhesión ao Convenio sobre o traballo a domicilio, feito en Xenebra o 20 de xuño de 1996. BOE 14/06/2022

Ratificados os Convenios 190 sobre a violencia e o acoso no traballo e 177 sobre o traballo a domicilio

30-05-2022 - OIT

O pasado 25 de maio o Estado español consignou na sede da Organización Internacional do Traballo os instrumentos de ratificación dos Convenios 190 sobre a violencia e o acoso no traballo e 177 sobre traballo a domicilio. O director xeral da OIT, Guy Ryder, recordaba que España levaba 11 anos sen ratificar ningún convenio.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 4 de marzo de 2022

04-03-2022 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 4 de marzo de 2022, polo Real Decreto-lei 3/2022, de 1 de marzo, por modificacións incorporadas na Lei 23/2015, do 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social -Artigo 16. Auxilio e colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social- e no Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social -Artigo 10. Infraccións. Artigo 23. Infraccións moi graves e Artigo 42. Responsabilidade empresarial-.

Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo

30-12-2021 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 22 de decembro de 2021

23-12-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 22 de decembro de 2021, polo Real Decreto 1120/2021, do 21 de decembro, incorporando modificacións no anexo I do Real Decreto 618/2020, polo que se establecen melloras nas condicións de traballo no sector pesqueiro e engadindo determinados preceptos ao Real Decreto 258/1999, polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 9 de decembro de 2021

10-12-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 9 de decembro de 2021 co Real Decreto 1076/2021, do 7 de decembro, que MODIFICA os artigos 2.3, 6.1, a disposición final 2, os anexos I a III e SUPRIME o anexo IV do Real Decreto 773/1997, de 30 de maio. TRANSPÓN tamén a Directiva (UE) 2019/1832, de 24 de outubro.

Real Decreto 1076/2021, do 7 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual

09-12-2021 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 25 de novembro de 2021

26-11-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 25 de novembro de 2021, por modificacións incorporadas no Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, pola Orde TES/1287/2021, do 22 de novembro de 2021.

Orde TES/1287/2021, do 22 de novembro, pola que se adapta en función do progreso técnico o Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo.

25-11-2021 - BOE

O Goberno remite ás Cortes Xerais os convenios número 177 e 190 da OIT

08-11-2021 - OIT

Trátase do convenio número 177, sobre traballo a domicilio, e do número 190, referente á eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo. A adhesión a ambos os convenios supón profundar na protección dos dereitos laborais das persoas traballadoras, independentemente de onde desenvolvan a súa actividade profesional e o respecto dos dereitos fundamentais no ámbito laboral.

Real Decreto 809/2021, do 21 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de equipos a presión e as súas instrucións técnicas complementarias

13-10-2021 - SEGURIDADE NO TRABALLO

Lei 10/2021, de 9 de xullo, de traballo a distancia

14-07-2021 - BOE

Nesta nova Lei, publicada no BOE o pasado 10 de xullo, a totalidade dos capítulos da norma, así como as disposicións adicionais primeira e segunda, as disposicións transitorias primeira e terceira, e as disposicións finais primeira, apartado un, segunda e terceira proveñen do Acordo sobre Traballo a Distancia.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 16 de xuño de 2021

17-06-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 16 de xuño de 2020, por modificacións incorporadas no Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, no AnexoI e no Anexo III.

Real Decreto 427/2021, do 15 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo

16-06-2021 - CANCERÍXENOS E MUTÁXENOS

Real Decreto 298/2021, do 27 de abril, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial

30-04-2021 - LEXISLACIÓN

Este Real Decreto, publicado no BOE o 28 de abril, modifica artigos de Regulamentos e Instrucións Técnicas Complementarias sobre empresas instaladoras de alta e baixa tenxión, aparellos de elevación e manutención, guindastres móbiles autopropulsadas, protección contra incendios, instalacións frigoríficas, distribución e utilización de combustibles gaseosos e Instaladores ou reparadores e empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 27 de xaneiro de 2021

28-01-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 27 de xaneiro de 2020, por modificacións incorporadas no Real Decreto Lexislativo 5/2000, de 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Ley sobre Infraccións e Sancións na Orde Social: Artigo 53. Contido das actas e dos documentos iniciadores do expediente.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 17 de decembro de 2020

17-12-2020 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 17 de decembro de 2020, por modificacións incorporadas na Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordeadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Real Decreto-lei 28/2020, de 22 de setembro, de traballo a distancia.

23-09-2020 - BOE

Resolución do 24 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se publica o Convenio entre o Organismo Autónomo Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento efectivo da cooperación para a consecución dos fins públicos asignados á ITSS

04-09-2020 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 2 de setembro de 2020

03-09-2020 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 2 de setembro de 2020, por modificacións incorporadas no Real Decreto 192/2018, de 6 de abril, polo que se aproban os estatutos do Organismo Autónomo Estatal de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Real Decreto 451/2020, de 10 de marzo, sobre control e recuperación das fontes radiactivas orfas.

27-04-2020 - LEXISLACIÓN

As fontes radiactivas orfas estatais adáptanse á Directiva 2013/59/Euratom

12-03-2020 - NORMATIVA

O Consello de Ministros do martes 10 de marzo aprobou un Real Decreto para actualizar a normativa sobre fontes radioactivas que se achan fóra do control regulamentario, ben porque nunca o estiveron ou ben porque foron abandonadas, perdidas, extraviadas ou transferidas sen a debida autorización.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 7 de xaneiro de 2020

09-01-2020 - BOE

O Código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 7 de xaneiro de 2020, por modificacións incorporadas no Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.

Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de outubro de 2019 relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión

27-11-2019 - DOUE-DIARIO OFICIAL DA UNIÓN EUROPEA

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 7 e 13 de marzo de 2019

13-03-2019 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 7 e o 13 de marzo de 2019, por modificacións incorporadas no Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.

Actualización da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU- OSHA), Eurofound e Cedefop

01-02-2019 - DOUE

Regulamento (UE) 2019/126 do Parlamento Europeo e do Consello do 16 de xaneiro de 2019 polo que se crea a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU- OSHA) e derrógase o Regulamento (CE) nº 2062/94 do Consello.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais do 10 de xaneiro de 2019

11-01-2019 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 10 de xaneiro de 2019, por modificacións incorporadas no Real Decreto 231/2017, de 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral e no Real Decreto Lexislativo 5/2000, de 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.

O INSHT volve cambiar de nome, do actual INSSBT a INSST, desaparece o benestar laboral

27-07-2018 - BOE

Publicado o Real Decreto 903/2018, do 20 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, no que se encadra o INSHT.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 18 de xullo de 2018

18-07-2018 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 18 de xullo de 2018, por modificacións incorporadas na Orde TAS/3623/2006, do 28 de novembro, pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais e por inclusión do Real Decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 12 de xullo de 2018

13-07-2018 - BOE

O Código de Prevención de riscos laborais foi actualizado o 12 de xullo de 2018, por modificacións incorporadas no Real Decreto 928/1998, de 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de orde social e para os expedentes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Comisión propón a introdución na Directiva sobre canceríxenos e mutáxenos de novos valores límite para cinco substancias químicas

28-05-2018 - COMISIÓN EUROPEA

Seleccionáronse os seguintes carcinóxenos, que teñen gran relevancia para a protección dos/as traballadores/as: cadmio e os seus compostos inorgánicos; berilio e os seus compostos inorgánicos; ácido arsénico e os seus sales, así como os compostos inorgánicos de arsénico; formaldehído; 4,4'- metilenbis (2-cloranilina) (MOCA). Non se incluirán nesta revisión as emisións dos motores diésel.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 10 de abril de 2018

10-04-2018 - BOE

O código «Prevención de Riscos Laborais» foi actualizado o 10 de abril de 2018 por modificacións incorporadas no Real Decreto 138/2000, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social e por inclusión da Lei 23/2015, do 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social e do Real Decreto 192/2018, do 6 de abril, polo que se aproban os estatutos do Organismo Autónomo Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 17 de marzo de 2018

19-03-2018 - BOE

O Código de Prevención de Riscos Laborais foi actualizado o 17 de marzo de 2018 por Orde ESS/256/2018 do 12 de marzo, pola que se desenvolve o Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 12 de febreiro de 2018

14-02-2018 - BOE

O Código de Prevención de Riscos Laborais foi actualizado o 12 de febreiro por modificacións incorporadas no Real Decreto 60/2018, do 9 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 1932/1998, do 11 de setembro, de adaptación dos capítulos III e V da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, ao ámbito dos centros e establecementos militares.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 5 de xaneiro de 2018

10-01-2018 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 5 de xaneiro de 2018, por modificacións incorporadas no Real Decreto 138/2000, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento da Inspección de Traballo e Seguridade Social e no Real Decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións de Orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social

Orde PRA/1080/2017, de 2 de novembro, pola que se modifica o anexo I do Real Decreto 9/2005, de 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes co solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

09-11-2017 - BOE

Lei 8/2017, de 8 de novembro, sobre precursores de explosivos.

09-11-2017 - BOE

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 25 de outubro de 2017

26-10-2017 - BOE

O código "Prevención de riscos laborais" foi actualizado o 25 de outubro por modificacións incorporadas no Real Decreto Lexislativo 5/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.

A UE prohibe o ácido perfluorooctanoico (PFOA), así como as súas sais e sustancias afíns

04-07-2017 - Comisión Europea

O PFOA é un químico que actúa no corpo como disruptor endocrino imitando o efecto das hormonas; asociase a diferentes tipos de cancro, problemas de tiroides e esterilidade tanto en animais como en seres humanos. Traballadores/as de fábricas, ou persoas que consumían auga con altas concentracións de PFOA, que estiveron expostos a altas concentracións desta sustancia química, desenvolveron cancro de testículo, ovario, ril, próstata e linfoma de Hodking. Mesmo a doses moi baixas ou mesturado con outras sustancias dentro do corpo potencian os seus efectos negativos especialmente durante o embarazo, a nenez e a adolescencia.

Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

13-06-2017 - BOE

O obxecto deste Regulamento, que entra en vigor o 12 de decembro de 2017, é a determinación das condicións e requisitos esixibles ao deseño, instalación/aplicación, mantemento e inspección dos equipos e sistemas que conforman as instalacións de protección activa contra incendios.O disposto neste Regulamento será de aplicación aos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios e quedan suxeitos ao mesmo tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, os fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos, e todos aqueles que puidesen verse afectados por esta regulación.

Actualización do Código de prevención de riscos laborais. Marzo 2017

22-05-2017 - BOE

O Boletín Oficial do Estado publicou a actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais, documento no que se recolle a totalidade da normativa vixente sobre Prevención de Riscos Laborais no Estado español.

Real Decreto 130/2017, de 24 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de explosivos

14-03-2017 - Lexislación

Aquí se regulan aspectos relativos á seguridade cidadá e industrial, como o almacenamento, distribución, comercio, transporte, medidas de seguridade, adquisición, tenencia e uso dos explosivos con fins civís. En canto a aspectos laborais, establece medidas no ámbito da prevención de riscos laborais na fabricación, manipulación, envasado e transporte dos explosivos.

Orde ESS/1554/2016, do 29 de setembro, pola que se regula o procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas.

16-02-2017 - RSE

Esta norma establece a regulación do procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas, así como dos informes daquelas entidades que desexen dar resposta á Directiva 2014/95/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014 mediante este procedemento, no ficheiro público do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Este procedemento terá carácter electrónico, e as comunicacións realizaranse por vía electrónica, ao amparo do establecido no apartado 6 do artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.

Directiva (UE) 2017/164 de 31 de xaneiro de 2017, pola que se estabelece unha cuarta lista de valores límite de exposición profesional indicativos de conformidade coa Directiva 98/24/CE

10-02-2017 - Diario Oficial de la Unión Europea

Esta Directiva, que incorpora valores para 25 sustancias nuevas e actualiza o valor de 6, modifica ás Directivas 91/322/CEE, 2000/39/CE e 2009/161/UE da Comisión. No seu artigo 7 estabelece que os Estados membros poñerán en vigor, como moi tarde o 21 de agosto de 2018, as disposicións legais, regulamentarias e administrativas necesarias para dar cumprimento ao estabelecido na presente Directiva.

Actualizado o Código de Prevención de Riscos Laborais. XUÑO 2016

07-02-2017 - BOE

A Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado publicou a data 24 de xuño de 2016 a última actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais. Este código, que recompila toda a lexislación vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais aplicable no dereito español desde normas consolidadas -incluíndo todas as súas redaccións desde o texto orixinal até a versión vixente, é actualizado periodicamente.

Real Decreto 1150/2015 polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social

21-12-2015 - BOE

O BOE do sábado 19 de decembro de 2015 publica o Real Decreto 1150/2015, do 18 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.

Real Decreto 899/2015, de 9 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención

10-10-2015 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

Publicada a Lei 23/2015 ordeadora do sistema da Inspección de Traballo e Seguridade Social

23-07-2015 - BOE

O Boletín Oficial do Estado do mércores 22 de xullo publica a Lei 23/2015, ordeadora do sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social que entra en vigor o día 23 de xullo. A Lei contempla a creación dunha Oficiña de loita contra a fraude, encargada do impulso e coordinación das medidas de combate ao traballo non declarado. Así mesmo crea dúas escalas dentro do Corpo de Subinspectores Laborais: unha de emprego e Seguridade Social, o actual Corpo de Subinspectores, e unha nova de Seguridade e Saúde Laboral.

Real Decreto 598/2015, do 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, o Real Decreto 485/1997, o Real Decreto 665/1997 e o Real Decreto 374/2001

10-07-2015 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

Real Decreto 598/2015, do 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo; o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo e o Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

Base de datos mundial de legislación en materia de SST

19-05-2015 - OIT

A Base de datos Mundial de Lexislación en materia de seguridade e saúde no traballo, LEGOSH, ofrece o marco regulador cos principais elementos lexislativos en materia de seguridade e saúde no traballo no mundo. LEGOSH permite acceder a unha síntese de textos legais en inglés acompañados polos textos no idioma orixinal, a realización de comparativas entre lexislación de varios estados e búsquedas lexislativas; así mesmo, conta con ligazóns a institucións, bases de datos e outras informacións en materia de seguridade e a saúde laboral.

Actualizado o Código de Prevención de Riscos Laborais. Outubro 2014

05-11-2014 - BOE

A Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado publicou a data 21 de outubro a última actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais. Este código, que recompila toda a lexislación vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais aplicable no dereito español desde normas consolidadas -incluíndo todas as súas redaccións desde o texto orixinal até a versión vixente, é actualizado periodicamente.

Real Decreto 625/2014, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración.

01-08-2014 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

O formaldehido, declarado oficialmente canceríxeno pola Comisión Europea

30-07-2014 - Hixiene

Na 6ª ATP (Adaptación ao Progreso Técnico), Regulamento (UE) nº 605/2014 do Regulamento CLP, modificouse a clasificación do formaldehido pasando de estar clasificado como canceríxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H351 (Sospéitase que provoca cancro), a canceríxeno de categoría 1B coa indicación de perigo H350 (Pode provocar cancro). Tamén foi clasificado como mutáxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H341 (Sospéitase que provoca defectos xenéticos). Dita clasificación será aplicable a partir do 1 de abril de 2015, sen prexuízo de que poida aplicarse antes.

Orde ESS/996/2014, do 12 de xuño.

26-06-2014 - LEXISLACIÓN ESPECÍFICA ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Orde ESS/996/2014, do 12 de xuño, pola que se prorrogan os prazos para a presentación das solicitudes e de remisión dos informes-proposta dos incentivos correspondentes ao exercicio 2013, ao abeiro do Real Decreto 404/2010, do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinestralidade laboral.

O Regulamento sobre o consentimento previo entrou en vigor o día 1º de marzo

03-04-2014 - LEXISLACIÓN

O día 1º de marzo entrou en vigor o regulamento 649/2012 do consentimento fundamentado previo (regulamento PIC) que regula a importación e exportación de determinadas substancias químicas e impón obrigas ás empresas que desexan exportalas a países terceiros.

Directiva 2014/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas.

06-03-2014 - LEXISLACIÓN ESPECÍFICA HIXIENE

Regulado o transporte de mercadorías perigosas por estrada no Consello de Ministros do venres 14 de febreiro de 2014

19-02-2014 - SEGURIDADE

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se regulan as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada en territorio español.

Nova directiva sobre radiacións ionizantes

05-02-2014 - HIXIENE

A nova directiva 2013/59 que publicou o Diario Oficial o día 17 de xaneiro establece normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición ás radiacións ionizantes e derroga cinco directivas anteriores, polo que constitúe un novo marco no seu ámbito de aplicación.

Nova Directiva europea para protexer os traballadores da UE dos campos electromagnéticos nocivos

02-09-2013 - HIXIENE

A Directiva aclara as definicións dos efectos adversos para a saúde, introduce un sistema actualizado dos límites de exposición (frecuencias que se sabe que afectan prexudicialmente ao sistema cardiovascular ou ao sistema nervioso central), e establece algunhas disposicións que facilitan aos empresarios a avaliación dos riscos esixida pola lei.

Regulamento da tarxeta profesional para o traballo en obras de construción, vidro e rotulación.

05-06-2013 - CONSTRUCIÓN

O 18 de Abril de 2013, foi publicada no B.O.E a resolución do 2 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o Regulamento da tarxeta profesional para o traballo en obras de construción (vidro e rotulación) dos traballadores afectados polo Convenio colectivo para as industrias extractivas, do vidro, cerámica e para as do comercio exclusivista dos mesmos materiais.

Publicado o acordo de revisión parcial do V Convenio colectivo xeral sector construción

05-06-2013 - CONSTRUCIÓN

Ou pasado 30 de maio ou BOE publicou a Acta do acordo de revisión parcial do V Convenio colectivo xeral do sector dá construción. Entre vos aspectos máis relevantes, está a inclusión de novos contidos formativos non Convenio, co fin de abranguer a práctica totalidade dous traballadores/ás do sector, que aparecen a continuación dous xa existentes, con indicación de contidos formativos a impartir e número mínimo de horas de duración.

Sobre a nova regulación da prestación de servizos sanitarios e de recuperación polas mutuas

21-12-2011 - LEXISLACIÓN ESPECÍFICA MUTUAS

Optimización dos recursos sanitarios. Esta frase é a clave da nova normativa que acaba de ser publicada no BOE de 22 de novembro e a que define a súa finalidade. O Real Decreto 1630/2011, de 14 de novembro, será o marco que, dende este momento, regulará a prestación dos servizos sanitarios e de recuperación polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

O Goberno aproba o Real Decreto 1620/2011, de 14 de novembro, que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar

28-11-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar. Esta relación laboral descansa en dous aspectos moi característicos, como son o ámbito onde se presta a actividade (o fogar familiar) e o vínculo persoal baseado nunha especial relación de confianza entre o titular do fogar familiar e as persoas empregadas de fogar.

Entra en vigor o RD 1698/2011 de 18 de novembro, que regula a reducción na idade de xubilación para traballos penosos, tóxicos e perigosos

24-11-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

O Real Decreto regula o réxime xurídico e o procedemento para establecer coeficientes reductores da idade de xubilación no sistema da Seguridade Social, no caso de traballos que por ser excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, rexistren índices elevados de morbilidade ou mortalidade.

Aprobada a modificación do Real Decreto que regula o tempo de presenza nos transportes por estrada

17-11-2011 - Lexislación Específica Seguridade no Traballo. Tranporte de mercadorias

O Consello de Ministros aprobou, a proposta dos ministros de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, e de Fomento, José Branco, a modificación do Real Decreto 1561/1995, de 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, no relativo ao tempo de traballo daqueles traballadores que realizan actividades móbiles de transporte por estrada.

O Goberno aprobou o proxecto de Lei de Reforma da Inspección de Traballo e Seguridade Social

25-10-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

Modifica a Lei 42/1997, de 14 de noviembre, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Reforza á Inspección de Traballo, crea unha nova Escala de Subinspectores especializados en seguridade e saúde, e adapta a súa organización aos traspasos ás Comunidades Autónomas

Aprobada a lei 36/2011 que regula a Xurisdición Social

11-10-2011 - LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL

A aprobación da lei de Xurisdición Social pode constituir un paso adiante na prevención de riscos laborais, ao unificar na orde do social todos os aspectos laborais derivados do accidente de traballo. Esta reforma lexislativa, que se tramitou definitivamente no Congreso dos Deputados nos días pasados, espérase teña unha gran repercusión na mellora das condicións de traballo e na redución da sinistralidade laboral, e supoña en definitiva unha maior protección das vítimas de accidentes de traballo. Esta nova norma enmarcase na reivindicación histórica de unificar na orde social todos os aspectos laborais derivados dos accidentes de traballo, excepto os correspondentes ao ámbito penal. Isto deberá permitir unha loita máis eficaz contra a sinistralidade laboral, unha mellor protección ás vítimas de accidentes de traballo, máis facilidades para o cumprimento rigoroso da lei, unha maior axilidade nos trámites burocráticos, evitando o peregrinar polas distintas ordes xurisdiccionais, e máis seguridade xurídica.

Real Decreto 843/2011, de 17 de xuño. Establecemento dos criterios básicos sobre a organización de recursos para desenvolver a actividade sanitaria dos servizos de prevención.

01-10-2011 - Lexislación Específica Servizos de Prevención

O presente real decreto ten por obxecto establecer os requisitos técnicos e as condicións mínimas esixidas aos Servizos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais para a súa autorización e para o mantemento dos estándares de calidade no seu funcionamento. Será de aplicación á actividade sanitaria tanto dos servizos de prevención de riscos laborais alleos como das empresas que asumisen dita actividade sanitaria con recursos propios e/ou mancomunados.

Real Decreto 568/2011, de 20 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 258/1999, de 12 de febreiro

19-05-2011 - Lexislación Específica Seguridade no Traballo. Traballo Marítimo

Polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar.

Orde PRE/1131/2011, de 4 de maio, poa que se modifica o Anexo I do Real Decreto 2163/1994, de 4 de novembro

13-05-2011 - LEXISLACIÓN ESPECÍFICA HIXIENE

Polo que se implanta o sistema armonizado comunitario de autorización para comercializar e utilizar productos fitosanitarios, a fin de incluir as sustancias activas flonicamid (IKI-220), fluoruro de sulfurilo, FEN 560 (semillas de fenogreco en pó), modificase a caducidade da sustancia activa carbendazima e otras determinadas sustancias activas e se amplía o uso da sustancia activa 2-fenilfenol.

Orde PRE/631/2011, do 23 de marzo, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 2163/1994, do 4 de novembro

29-04-2011 - LEXISLACIÓN ESPECÍFICA HIXIENE

Pola que se implanta o sistema harmonizado comunitario de autorización para comercializar e utilizar produtos fitosanitarios, co fin de incluír as substancias activas heptamaloxyloglicano, fluopicolide, penoxsulam, proquinazide, espirodiclofeno, triflumizol e metalaxilo, modificar as disposicións específicas das substancias activas clofentecina, diflubenzurón, lenacilo, oxadiazón, picloramo e piriproxifeno e ampliar o uso da substancia activa iprodiona.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS