Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Publicada a Lei 23/2015 ordeadora do sistema da Inspección de Traballo e Seguridade Social

23-07-2015 - BOE

O Boletín Oficial do Estado do mércores 22 de xullo publica a Lei 23/2015, ordeadora do sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social que entra en vigor o día 23 de xullo. A Lei contempla a creación dunha Oficiña de loita contra a fraude, encargada do impulso e coordinación das medidas de combate ao traballo non declarado. Así mesmo crea dúas escalas dentro do Corpo de Subinspectores Laborais: unha de emprego e Seguridade Social, o actual Corpo de Subinspectores, e unha nova de Seguridade e Saúde Laboral.

Así, queda derogada a Lei 42/1997 de 14 de novembro, a disposición final primeira da Lei 43/2006 de 26 de decembro, para a mellora do crecemento e o emprego e todas aquelas disposicións que se opoñan ao estabelecido na presente lei. As normas regulamentarias actualmente en vigor continuarán sendo de aplicación, en tanto non se contradigan ou se opoñan á presente lei, ata que se proceda a súa derogación ou modificación polas normas previstas na disposición final terceira.

Ligazón á Lei 23/2015, ordeadora do sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social en galego

Ligazón ao texto consolidado da Lei 23/2015, ordeadora do sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS