Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Unha análise de saliva mide os niveis da hormona do estrés

27-11-2012 - PSICOSOCIAL

Un traballo de investigadores do grupo de neuropsicoloxía e psiconeuroinmunoloxía clínica da Universidade de Granada concluíu que as persoas menos habilidosas na toma de decisións presentan ao comezo dunha situación estresante maiores niveis de cortisol en saliva.

Para realizar este estudo, os seus autores empregaron sofisticadas técnicas de realidade virtual, mediante as cales as participantes (todas mulleres) foron expostas a unha situación de estrés. Os niveis de cortisol foron maiores ao longo de toda a situación estresante.

O cortisol, a chamada hormona do estrés, é unha hormona esteroide que se segrega dende a codia suprarrenal en resposta á hormona chamada corticotropina (ACTH, polas súas siglas en inglés), unha hormona da hipófise no cerebro.

A súa secreción afecta a diferentes sistemas corporais, e xoga un importante papel no sistema musculo-esquelético, o aparato circulatorio, o sistema inmunitario, o metabolismo de graxas, carbohidratos e proteínas e o sistema nervioso.

Recentemente, diversos estudos demostraron como o estrés pode afectar ao proceso de toma de decisións das persoas. Este compoñente cognitivo podería ser considerado como un dos recursos de afrontamento ao estrés co que conta o individuo.

Para comprobar se unha axeitada habilidade de toma de decisións podería modular a resposta ao estrés ante un estresor psicosocial, as investigadoras da UGR avaliaron o proceso de toma de decisións de 40 mulleres sas ás cales se lles aplicou unha proba denominada Iowa Gambling Task. Posteriormente expuxeron as participantes a unha situación estresante presentada nun ámbito virtual, consistente na realización dun discurso fronte a unha audiencia virtual.

A resposta ao estrés avaliouse mediante a activación do eixe hipotalámico hipofisario adrenal, con medidas de cortisol en saliva en diferentes momentos da situación estresante.

As profesoras Isabel Peralta e Ana Santos destacan que este estudo "indica de xeito preliminar que unha boa habilidade de toma de decisións, que pode ser un importante recurso para o afrontamento do estrés, está asociado con menores niveis de cortisol ante un estresor psicosocial".

 

Fonte de Datos: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS