Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Quentador de auga de mar para a obtención de auga potable

05-05-2022 - CONICET

O grupo de investigación baixo o liderado de Adrian Brunini, científico do CONICET logrou desenvolver un quentador de auga de mar para a obtención de auga potable. O equipo, que non xera consecuencias ambientais nocivas, podería funcionar, ademais, con hidróxeno verde.

O equipo de investigación construíu unha planta piloto desalinizadora que funciona coa queima de hidróxeno, por tanto non afecta ao medioambiente: “O hidrogeno só produce vapor de auga e iso é importante porque non xera ningún gas de efecto invernadoiro”, argumenta o investigador.

A tecnoloxía imita o ciclo natural da auga. “Quéntase a auga de mar e ponse en contacto con aire seco, ao facer iso inmediatamente o aire seco humedécese”, explica Brunini. O aire absorbe a humidade da auga, “a cuestión é que só absorbe a auga, non o sal”, agrega. O seguinte paso será condesar a humidade do aire para recuperar o recurso que se atopaba, ata ese momento, en forma de vapor.

O investigador advirte que o equipo ten un deseño termodinámico especial que permite recuperar a maior parte de enerxía utilizada. Ademais, se a este proceso sumáseselle a produción de hidróxeno por medio de enerxías limpas, como paneis solares ou muíños eólicos, sería posible falar dun circuíto dobremente eficiente.

Cara ao futuro, a intención é continuar mellorando o rendemento en aspectos como a presión e a incorporación de novos prototipos que poidan contribuír á mellora da tecnoloxía.

Fonte: CONICET

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS