Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un xulgado do Social de Logroño concede a incapacidade permanente absoluta a un traballador con migrañas

21-11-2016 - SENTENZA

Esta sentenza conclúe coa prolongada e ata agora infrutuosa loita do traballador para que se recoñecese o carácter invalidante das súas dores de cabeza e revoga as numerosas resolucións contrarias da Seguridade Social, atendendo a petición do traballador e concedéndolle a incapacidade permanente absoluta con dereito a unha pensión do 100%. A sentenza, que non foi recorrida, devén firme.

O Xulgado do Social número 3 de Logroño concedeu a incapacidade permanente absoluta, con dereito a unha pensión do 100%, a un traballador rioxano afectado de frecuentes ataques de hemicrania.

O traballador, xefe de taller de 51 anos, padece cefaleas dende a infancia. En 1997 diagnosticáronlle unha malformación no cerebelo que podería ser a causante dunha hemicrania extremadamente rebelde, resistente a calquera tratamento farmacolóxico  e que se foi facendo máis frecuente -e máis incapacitante- co paso do tempo.

Nos últimos anos agudizáronselle, alcanzando unha frecuencia case diaria. Dende o ano 2007, o demandante sufría baixas continuas, pero a Dirección Provincial do INSS denegáralle reiteradamente a incapacidade ao entender que as lesións “non alcanzaban o grao suficiente de diminución da súa capacidade laboral”.

Para a Seguridade Social esta patoloxía non era suficiente motivo para concederlle a invalidez. Ao contrario, estimaba que o seu emprego -que consistía en organizar, planificar e supervisar o traballo do taller- podería ser realizado sen maior problema, a pesar das repetidas cefaleas. O propio xulgado do Social fallara no ano 2015 en contra de conceder a incapacidade ao traballador; sentenza que o Tribunal Superior de Xustiza considerou nula por defecto de forma.

Ao repetir o xuízo, o pasado 12 de maio, achegouse un informe forense que alertaba de «un empeoramento» nas últimas datas.

Para resolver o problema da subxectividade da dor, a xuíz recorreu “aos múltiples tratamentos que se lle pautaron sen éxito”, así que finalmente recoñeceu que as súas crises de cefalea diaria son un impedimento laboral de primeira orde, xa que o afectado “non está en condicións de acometer ningún quefacer produtivo, sequera os liviáns ou sedentarios”. A sentenza estima que o traballador non pode “dedicarse a ningún tipo de traballo nun sentido profesional”.

Esta sentenza conclúe coa prolongada e ata agora infrutuosa loita do traballador para que se recoñecese o carácter invalidante das súas dores de cabeza e revoga as numerosas resolucións contrarias da Seguridade Social, atendendo a petición do traballador e concedéndolle a incapacidade permanente absoluta con dereito a unha pensión do 100%. A sentenza, que non foi recorrida, devén firme.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS