Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un traballador falecido e outras dúas persoas feridas é o resultado dunha explosión acontecida ao mediodía do pasado lúns día 11 de febreiro, nunha zona industrial do concello de Ferrol.

15-02-2013 - Accidente laboral

O suceso produciuse nunha nave situada na zona de Catabois, nunhas instalacións nas que a empresa Reforsa acometía as labouras de acondicionamiento para a súa utilización pola compañía de biorresinas Sitagreen, e que antes estaba ocupada por unha empresa de distribución.

As primeiras hipótesis apontan a que a explosión causouna a acumulación de gases que poideron entrar en combustión ao acender un xerador eléctrico. Polo de agora, a compañia titular da nave  Sistema Integral de Tratamento da Auga, informou que «por causas que se descoñecen e que se están analizando», a explosión produciuse cando realizabanse as probas das equipas e da instalación da pranta de «ozonolisis» no marco do proxecto piloto, paso previo á fabricación de biorresinas.

Fontes das sistencias sanitarias achegadas ao lugar do acidente, informaron de que se auxiliou a dúas persoas, unha muller traballadora dunha empresa próxima, identificada como M.G.B, de 42 anos de idade, e un varón, que responde ás iniciais D.P.L, de 32 anos, ambolosdous trasladados ao hospital Arquitecto Marcide, aínda que o home foi derivado á unidade de queimados do Chuac de A Coruña.

Os servizos de urxencias constataron o falecemento do terceiro traballador, A.P.M, de 35 anos e veciño de Zaragoza.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS