Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Segundo o Tribunal Supremo a “pausa do bocadillo” non gozada debe ser retribuída, pero non como hora extra.

17-02-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

Dita pausa é un período de descanso non gozado pero que entra dentro do tempo máximo de traballo que se conveu colectivamente. Por iso correspóndelle, ademais da retribución ordinaria incorporada ao soldo mensual por ter a pausa do bocadillo consideración de tempo efectivo de traballo, unha retribución complementaria, pero que non é xornada extra.

A Sala IV, do Social, do Tribunal Supremo, estimou un recurso do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) contra a sentenza da Audiencia Nacional que estableceu que os períodos de descanso por refrixerio (de entre 20 e 30 minutos) que non poden gozarse polo traballador debían considerarse como horas extraordinarias, xa que aumentaban a xornada ordinaria de traballo dos traballadores que non o gozaban. A “pausa do bocadillo” non gozada debe ser retribuída cunha compensación adicional, aínda que non coma se fose hora extra.

O Supremo explica que o tempo de bocadillo non gozado comporta un exceso sobre a xornada habitual ordinariamente esixible, que debe ser retribuído “non só coa remuneración propia do tempo efectivo de traballo e a través do pactado salario mensual, senón tamén coa cantidade adicional prevista para tal suposto específico na normativa convencional aplicable”.

O Supremo discrepa da Audiencia Nacional e sinala que tal exceso non pode ser cualificado nin retribuído como hora extraordinaria en sentido estrito, en tanto que xa se acha incluído e retribuído na xornada anual colectivamente pactada.

É dicir, que é un período de descanso non gozado pero que entra dentro do tempo máximo de traballo que se conveu colectivamente. Por iso correspóndelle, ademais da retribución ordinaria incorporada ao soldo mensual por ter a pausa do bocadillo consideración de tempo efectivo de traballo, unha retribución complementaria, pero que non é xornada extra.

Por todo iso, o Supremo revoga a sentenza da Audiencia Nacional e desestima a demanda de conflito colectivo. A “pausa do bocadillo” no disfrutada debe ser retribuida, pero no como hora extra.

Ligazón á Sentenza

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS