Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recoñecen a unha limpadora «o cóbado de tenista» como enfermidade profesional

14-01-2022 - SENTENZA

A maxistrada titular do Xulgado do Social número 2 de Córdoba ditou unha sentenza favorable a unha limpadora á que se recoñece que o mal que padece, epicondilite (coñecida como cóbado de tenista) é unha enfermidade profesional, pois foi contraída como consecuencia dos esforzos e movementos que fai durante o desempeño das súas funcións.

A demanda falla en contra do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería e a mutua da empresa na que traballa a denunciante. Ditas entidades, cando a traballadora estivo de baixa en varias ocasións por tal motivo, consideraron que as baixas por incapacidade laboral ocasionadas pola epicondilite «teñen carácter común».

Nos fundamentos de dereito, a xuíza sinala que «polo diagnóstico epicondilite, atopámonos ante a enfermidade profesional descrita no grupo 2 (as causadas por axentes físicos), grupo D (provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos, enfermidades por fatiga e inflamación das vainas tendinosas, de tecidos peritendinosos e insercións musculares e tendinosas) e subgrupo 02 (cóbado e antebrazo, epicondilite e epitrocleite) que se refire a traballos que requiren movementos de impacto ou sacudidas, supinación ou pronación repetidas do brazo contra resistencia, así como movementos de flexoextensión forzada da boneca».

Con todos eses datos, e baseándose en sentenzas doutras profesións, a xuíza considera que «procede estimar a demanda» e considera que os procesos de baixa que foron considerados pola Seguridade Social e a mutua como enfermidade común, «derivan en enfermidade profesional».

Fonte: prevencionar, Diario de Córdoba

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS