Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral no ámbito da Administración Xeral do Estado

30-09-2011 - Acoso laboral

A Resolución de 5 de maio de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, aprobou o Acordo de 6 de abril de 2011 da Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado sobre o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral na Administración Xeral do Estado. O protocolo, publicado no BOE de 1 de xuño 2011, preséntase como un instrumento para facer fronte a unha situación inaceptable como é o acoso laboral, expondo accións de prevención e de sanción cando esta se produza.

OBXECTIVO

Establecer un procedemento de actuación ante situacións que puidesen constituír acoso laboral no ámbito da Administración Xeral do Estado e dos organismos vinculados ou dependentes dela.

 INTEGRACIÓN

O protocolo deberá integrarse no Sistema de Xestión da Prevención de Riscos Laborais da Administración Xeral do Estado, aprobado por Resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública de 17 de febreiro de 2004, sen prexuízo da súa integración na política xeral de recursos humanos de cada entidade.

 CONCEPTO DE ACOSO

 O protocolo clarifica o concepto de acoso laboral contido na Lei Orgánica 5/2010, de 22 de xuño, de reforma do Código Penal, considerando como acoso psicolóxico ou moral: «a exposición a condutas de Violencia Psicolóxica intensa, dirixida de forma reiterada e prolongada no tempo cara a unha ou máis persoas, por parte doutra -que actúan fronte a aquela- desde unha posición de poder -non necesariamente xerárquica, senón en termos psicolóxicos-, co propósito ou o efecto de crear unha contorna hostil humillante que perturbe a vida laboral da vítima. Devandita violencia dáse no marco dunha relación de traballo, pero non responde ás necesidades de organización do mesmo; supondo tanto un atentado á dignidade da persoa, como un risco para a saúde». Este concepto compleméntase co listado contido no Anexo II do Protocolo sobre as condutas que deben ou non considerarse acoso laboral.

 ASPECTOS DESTACADO

- O protocolo precisa o procedemento a seguir ante unha situación de acoso laboral.

- Determina os principios que deben presidir o procedemento citado: confidencialidade, respecto e proteción das persoas, dilixencia, contradición, restitución ás vítimas, proteción da saúde da vítimas e prohibición de represalias.

- Establece un modelo de denuncia que iniciará todo o procedemento (Anexo III).

- Institúe un «Comité Asesor para situacións de acoso» que será o encargado de investigar a existencia real da situación de acoso ante a presenza de indicios. Fixa claramente a súa composición e funcións.

- Determina a obrigación de todo empregado público de pór en coñecemento dos seus superiores os casos de acoso laboral que cheguen ao seu coñecemento.

- En relación coas persoas externas contratadas pola Administración, deberán ser informadas da existencia dun protocolo de actuación fronte ao acoso laboral, cando este exista, e no caso de que se dea un caso entre empregados públicos e persoal dunha empresa externa contratada, entrarán en acción os mecanismos de coordinación empresarial.

- Establécese un sistema de rexistro e seguimento dos casos de acoso detetados e un control das medidas corretoras propostas.

 MEDIDAS PREVENTIVAS

 A actuación preventiva fronte ao acoso laboral exponse desde un dobre nivel:

 - Avaliación e prevención de situacións de acoso laboral.

 - Elaboración de estratexias de sensibilización e formación. En relación con este segundo aspecto, o Protocolo incide na importancia do establecemento de instrumentos de deteción precoz dos conflitos e, sobre todo, na formación adecuada e continua en prevención e resolución de conflitos.

 ENTRADA EN VIGOR

 Os departamentos e organismos públicos da Administración Xeral de Estado deberán adaptar, no prazo de dous meses desde a publicación da Resolución no BOE, o texto do Protocolo ás características de cada un e proceder, a continuación, á súa difusión interna.

Documentos

Resolución de 5 de maio de 2011. Protocolo de actuación fronte o acoso laboral na administración Xeral do Estado.pdf
RESOLUCIÓN de 17 de febrero de 2004. Sistema de Gestión de Prevención de Riesgos Laborales para la Administración General del Estado.pdf
Ley Orgánica 5 2010, de 22 de junio, por la que se modifica la Ley Orgánica 10 1995,
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS