Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Os técnicos de prevención de riscos laborais gozan das mesmas garantías fronte ao despido que os representantes dos traballadores

24-07-2014 - Xestión preventiva

A sentenza 02502/2013 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, en aplicación do que dispón o artigo 30.4 acerca de que os traballadores encargados da prevención gozan das mesmas garantías fronte ao despedimento que os representantes dos traballadores, denegou o despedimento do Xefe de Prevención dunha empresa, declarándoo nulo.

Segundo a empresa, as causas organizativas que constitúen o factor desencadenamento do ERE motivaban a necesidade de amortizar o posto de traballo de Xefe de Prevención.En primeira instancia o despedimento foi considerado axustado a dereito "xa que non consta que fose nomeado Delegado de Prevención cos requisitos legais, sendo un mero técnico de prevención designado pola empresa ao que non alcanza, por tanto, a protección do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores".


Con todo, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias considera que: " A protección dispensada polo artigo 30.4 da Lei de Prevención alcanza aos traballadores designados pola empresa e aos traballadores integrantes do servizo de prevención cando a empresa decida constituílo, como xa declarou esta Sala en sentenza de 26 de xullo de 2013 (rec. 1058/13 ), e eses traballadores gozan da mesma garantía de prioridade de permanencia que os representantes dos traballadores, polo que non sendo respectada tal prioridade no caso axuizado procede a estimación do recurso e a cualificación do despedimento como nulo, pois, de conformidade co disposto no artigo 124.13 da Lei da Xurisdición Social, "tamén será nula a extinción do contrato acordada polo empresario sen respectar as prioridades de permanencia que puidesen estar establecidas nas leis....".
Fronte a esa sentenza só cabe o interpor recurso de casación para a unificación de doutrina ante o Tribunal Supremo.

Fonte: AEPSAL

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS