O benestar, nova prioridade para a política de saúde de Europa 202003-05-2013 - SAÚDEPor primeira vez na historia da Organización Mundial da Saúde (OMS), estableceuse "a mellora do benestar da poboación" como unha prioridade sanitaria. Así o recolle o último informe da Oficina Rexional Europea da OMS, que leva por título: “Informe Europeo da Saúde 2012 - trazando o camiño cara ao benestar” (European Health Report, 2012 - charting the way to well-being), dado a coñecer a finais de marzo de 2013. |
---|
Dende hai máis de 60 anos, a OMS incorporou un novo concepto de saúde, que establece que a saúde se define non só por "a ausencia de enfermidade", senón por "un estado de completo benestar físico, mental e social".
Non obstante, ata a data, non se determinaran os parámetros necesarios para a avaliación do benestar dos cidadáns, de tal maneira que este aspecto, clave na definición da saúde, quedara fóra dos informes da OMS (centrados na medida dos índices de mortalidade, morbilidade e minusvalidez).
Tal e como afirmou Claudia Stein, directora da división de Información, Evidencia, Investigación e Innovación da OMS e unha das responsables do informe, "todas as sociedades e culturas valoran o benestar e a saúde case na mesma medida.
O benestar formou parte da definición da saúde da OMS dende as súas orixes, (...) É o momento de que marquemos o camiño cara ao benestar, que está tan intimamente ligado á saúde".
Nesta liña, o informe presentado pola Oficina Rexional Europea da OMS recoñece expresamente "a mellora do benestar da poboación" como unha parte integral da nova estratexia sanitaria de Europa 2020, abrindo un novo campo de acción.
A OMS definiu un plan de traballo para poñer en práctica este enfoque, que inclúe unha axenda de colaboración entre os diferentes países, para recompilar, analizar e avaliar indicadores de benestar, que estean dispoñibles a finais do ano 2013. Así mesmo, estableceuse un plan de estudo que permita facer uso desta información para facilitar a elaboración de políticas sanitarias integrais, que consideren conxuntamente a mellora da saúde e do benestar dos cidadáns.
Este informe, ademais de rescatar o papel do "benestar", proporciona os últimos datos sobre indicadores de saúde nos 53 países que conforman a Rexión Europea -tal e como vén sendo habitual cada tres anos-.
Entre as conclusións do informe, convén destacar:
Segundo a nota de prensa emitida pola OMS, Zsuzsanna Jakab, directora da Oficina Rexional Europea da OMS, advirte que "a Rexión Europea está a experimentar cambios importantes, que están a perfilar as próximas prioridades en sanidade e as necesidades de prevención e de atención sanitaria. As tendencias identificadas neste informe axudarannos a anticipar algúns dos retos aos que se enfronta Europa e aos que terá que facer fronte" "no futuro próximo".
Fonte: infocop.es