Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Supremo ratifica a sentenza que confirmou a responsabilidade penal dun xerente e a responsabilidade administrativa da empresa con base nun mesmo accidente laboral

05-05-2021 - SENTENZA

Por mor dun accidente de traballo, a empresa foi sancionada administrativamente pola autoridade laboral, ao apreciar a Inspección de Traballo diversas infraccións á normativa de prevención de riscos laborais. Ao mesmo tempo, nun procedemento penal, o xerente da empresa foi condenado como autor penalmente responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores, en concurso con outro delito de lesións por imprudencia Grave.

No procedemento penal, o xerente da empresa foi condenado como autor penalmente responsable de dous delitos, o primeiro contra os dereitos dos traballadores, tipificado nos artigos 316 e seguintes do Código penal, en concurso con outro delito de lesións por imprudencia Grave, tipificado nos artigos 151 e seguintes do Código penal, á pena de seis meses de prisión coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do sufraxio pasivo durante o tempo da condena, prisión que foi sustituída por doce meses a unha cota diaria de tres euros.

Ante estes feitos a empresa recorre ao entender que se infrinxiu o principio “ non bis in idem” en virtude do cal non se pode sancionar dúas veces pola mesma infracción.

Na súa sentenza, o Tribunal Supremo afirma que, en contra do alegado pola recorrente, non se infrinxiu o principio “non bis in idem”, porque entre a sanción penal e a administrativa non concorre a tripla identidade subxectiva, de feito e de fundamento esixida para a aplicación de tal principio. En consecuencia, a condena penal ao xerente da empresa como autor dun delito contra os dereitos dos traballadores e doutro de lesións por imprudencia grave, non impide que se impoña á empresa unha sanción pola infracción da normativa de prevención de riscos laborais.

Ligazón á sentenza

 

Fontes: prevencionintegral / iustel

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS