Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O INSS condena a unha empresa e ao servizo de prevención alleo.

06-02-2013 - SAÚDE LABORAL

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) condenou a unha empresa e ao seu servizo alleo de prevención a pagar conxuntamente unha importante sanción económica e unha recarga do 50% nas prestacións a un traballador de 30 anos que sofre unha incapacidade total por unha silicose.

A resolución, esixe á empresa Novogranit SL e ao seu servizo de prevención alleo, Spril Norte, "que depositen na Tesouraría Xeral da Seguridade Social as cantidades económicas oportunas, por non adoptar as medidas preventivas que a cada unha delas lles poida competer para a defensa da saúde no traballo".

No que se refire ao servizo de prevención, a responsabilidade deriva, "de non ter aplicado correctamente o protocolo de vixilancia sanitaria da silicose, e de ter ocultado durante dous meses o estado de saúde real ao traballador".

A resolución entende que "a contratación do servizo de vixilancia da saúde deu lugar a que tanto empresa coma Servizo de Prevención sexan responsables".

Alfonso Ríos, responsable de Saúde Laboral de CCOO de Euskadi, a través dun comunicado, considerou que esta resolución "ten unha grande importancia", debido a que "é un precedente para algo que sempre reclamou o sindicato: que os servizos de prevención alleos non poidan eludir a súa responsabilidade polas súas malas prácticas".

Así mesmo considera que esta responsabilidade compartida "obrigará a que empresas e servizos de prevención alleos actúen máis coordinadamente e haxa unha maior implicación de ambos os dous para que non se produzan danos á saúde".

 

Fonte: abc

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS