Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Día mundial contra o cancro 2020: comprometidos a colaborar para abolir o cancro nos lugares de traballo

04-02-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Durante o últimos vinte anos, o Día mundial contra o cancro , que se celebra o 4 de febreiro, pasou a converterse nun importante movemento no que se inspiran organizacións, comunidades e persoas á hora de incrementar a sensibilización e adoptar medidas que permitan reducir o impacto global da enfermidade. O cancro por motivos laborais segue constituíndo o principal problema de saúde laboral en Europa. A exposición a carcinóxenos no traballo provoca anualmente 120.000 casos de cancro.

Mediante actividades de sensibilización e de investigación, a  EU- OSHA contribúe activamente a loitar contra o cancro laboral. Na actualidade traballa na elaboración dunha enquisa orientada a recompilar datos exhaustivos sobre a exposición dos traballadores/as a factores de risco de cancro en Europa. O obxectivo da enquisa é definir con maior precisión as campañas de sensibilización e as medidas preventivas, así como contribuír á elaboración de políticas baseadas en datos contrastados.

Máis información sobre o proxecto Enquisa sobre a exposición dos traballadores/as aos factores de risco de cancro en Europa

Ligazón á sección web da EU-OSHA sobre cancro laboral

Ligazón á Folla de roteiro sobre  carcinóxenos e o papel activo que desempeña a  EU- OSHA

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS