Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Consideran como accidente laboral a morte dun traballador debida a un accidente de tráfico.

02-07-2013 - Accidente laboral

A morte dun motorista que faleceu cando se dirixía ao seu traballo debe ser considerada como accidente laboral, aínda que viaxase en estado de embriaguez, porque o choque foi provocado por un kamikaze que se interpuxo no seu camiño e que tamén morreu, segundo a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia (TSJ). A sentenza da Sala do Social do TSJ rexeita así o recurso que a mutua de accidentes de traballo Fimac presentou contra a resolución dun xulgado que estimou as demandas presentadas polas dúas mulleres que mantiveran unha relación de parella co traballador falecido.

A sentenza do xulgado do Social aprobou as demandas que presentaron ambas as contra a mutua, a Seguridade Social e o pai do accidentado -dono da empresa na que este traballaba- e fixou unha pensión de orfandade para cada un dos fillos do traballador do 20% da base reguladora e con efectos económicos desde o ano 2007.
O xulgado do Social declarou probado que o mortal accidente de tráfico produciuse o 10 de febreiro de 2007, cando o traballador se dirixía ás instalacións da empresa paterna, situadas en Lorca, para preparar un camión antes de saír de viaxe co mesmo. Cando este traballador circulaba coa súa motocicleta, un automóbil que viaxaba en sentido contrario invadiu o seu carril de circulación, e no choque frontal faleceron ambos os condutores.

Ao confirmar a sentenza, a Sala do Social do TSJ di que a circunstancia de que o falecido dese positivo na proba de alcoholemia e que conducise con exceso de velocidade, «non exclúe a cualificación do accidente como laboral».
«De tales datos, engaden os maxistrados, «non cabe concluír que concorrese unha imprudencia temeraria por parte do accidentado, dado que non foi este o causante do accidente, senón o vehículo que circulaba en sentido contrario, que, ao invadir o seu carril, deu lugar ao choque frontal coa motocicleta que conducía aquel». O Tribunal Superior de Xustiza, ao desestimar o seu recurso, condena á citada mutua a pagar, en concepto de costas, 250 euros a cada avogado das dúas demandantes.

 Fonte: laverdad.es - Diario de Murcia

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS