Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Consideración da Síndrome de desgaste profesional (burnout) como un problema relacionado co traballo

27-01-2022 - INSST

O pasado 1 de xaneiro de 2022 entrou en vigor a última revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE-11), tal como se anunciou durante a 72ª Asemblea Mundial da Saúde da OMS (maio de 2019), que supón a consideración da síndrome de desgaste profesional (“ burnout” en CIE-10) como un problema relacionado co traballo.

Ata esta revisión, o “ burnout” estaba incluído entre os “problemas relacionados coa dificultade no control da vida” ( Z73.0), dentro da categoría xenérica de “persoas que entran en contacto cos servizos sanitarios noutras circunstancias”.

Coa nova clasificación, a síndrome de desgaste profesional inclúese no capítulo 24: “Factores que inflúen no estado de saúde ou o contacto cos servizos de saúde” dentro da  subcategoría de “problemas asociados co emprego e o desemprego” e é codificado como  QD85: Síndrome de desgaste ocupacional.

Esta nova  conceptualización permite mellorar a identificación da síndrome, así como a súa prevención e tratamento, facilitando o diagnóstico aos profesionais da saúde e a súa prevención aos profesionais da  psicosocioloxía. Segundo a  CIE-11, a síndrome de desgaste profesional é o “resultado do estrés crónico no lugar de traballo que non se manexou con éxito. Caracterízase por tres dimensións: 1) sentimentos de falta de enerxía ou esgotamento; 2) aumento da distancia mental con respecto ao traballo, ou sentimentos negativos ou  cínicos con respecto ao traballo; e 3) unha sensación de ineficacia e falta de realización.”

A consideración da orixe laboral desta síndrome supón un paso máis no recoñecemento da importancia dos riscos psicosociais de orixe laboral. Convén lembrar que esta síndrome é basicamente consecuencia da exposición a unhas condicións organizativas nocivas que conduce a unha situación disfuncional na contorna de traballo, xa que “a síndrome de desgaste ocupacional refírese especificamente aos fenómenos no contexto laboral e non debe aplicarse para describir experiencias noutras áreas da vida” (OMS, 2019). Por iso, as estratexias de prevención primaria dede o ámbito da  psicosociología laboral son fundamentais para evitar a materialización do risco psicosocial e o desenvolvemento da síndrome de  burnout.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS