Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Condea a unha empresa por non cumplir coa obriga de garantir a seguridade e a saúde no traballo

30-05-2018 - SENTENZA

A sentenza obriga á empresa, dedicada ao traslado de enfermos, a indemnizar a un condutor de ambulancia, que foi despedido ao ser declarado non apto para o traballo que viña realizando, consecuencia dunha lesión nas costas ao tentar levantar a un paciente que sufría de sobrepeso. O xuíz acepta a legalidade de non prolongar o contrato, porque o traballador non pode seguir conducindo ambulancias polo risco que sofre a súa saúde e a dos enfermos que debe transportar, e responsabiliza á empresa da lesión que sufriu o traballador, por non evitar que esta doenza se producise.

A empresa terá que abonar ao traballador un total de 47.713 euros; desa cantidade unha parte xa foi abonada no momento de presentación da carta de extinción do contrato de traballo.

O traballador demandou á empresa ao entender que se actuou dunha forma incorrecta con el, prescindindo dos seus servizos por estar enfermo, cando a lesión que lle incapacitaba, produciuse durante o traballo. Así na demanda denunciaba que a empresa non corrixira ou  minorado o risco do persoal que se encarga de trasladar aos pacientes. E lembrou que é obrigación de toda empresa procurar os medios necesarios ao traballador para evitar que estes riscos se produzan.

O xuíz conclúe que a empresa non cumpriu coas súas obrigacións de garantir a saúde e a seguridade do traballo. Considera que, aínda que é imposible que o condutor poida reincorporarse ao seu antigo posto de traballo, entre outras cousas porque se declarou a súa incapacidade permanente polas súas lesións na columna, iso non evita que se valore a responsabilidade da empresa por non adoptar as medidas suficientes para evitar esta doenza. Por iso, o maxistrado obriga á empresa para indemnizar ao traballador despedido.

Fonte: Diario de Mallorca

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS