Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Aumentan a violencia e o acoso psicolóxico nos lugares de traballo en Europa

04-10-2011 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A violencia, a intimidación e o acoso psicolóxico están converténdose en fenómenos cada vez máis xeralizados nos lugares de traballo europeos, segundo se desprende dun recente informe elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA).

Tense, con todo, a impresión de que as empresas e gobernos estatais non están respondendo como cómpre. A violencia e o acoso exercidos por terceiros afectan entre un 5% e un 20% dos traballadores europeos, en función do país, o sector e a metodoloxía elixida. O informe "Workplace Violence and Harassment: a European Picture" (Violencia e acoso no lugar de traballo: unha perspectiva europea), presenta estatísticas internacionais compiladas polo Observatorio Europeo de Riscos, adscrito a EU-OSHA. A enquisa paneuropea efectuada recentemente polo Observatorio pon de manifesto que, en Europa, ao 40% do persoal directivo preocúpalle a violencia e o acoso psicolóxico no lugar de traballo, pero só un 25% implantou medidas correctoras: en moitos países da UE, esta porcentaxe non supera o 10%.

 

Fonte de Datos: Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS