Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Arcelor é condenada polo falecemento dun traballador vítima dunha enfermidade profesional por exposición ao benceno.

11-11-2015 - SENTENZA

A sentenza do Social nº 2 de Avilés considera probado que "dende o ano 2007 ata finais de 2010 ou principios de 2011 estivo exposto sen a protección adecuada ao benceno no seu posto de traballo".

O traballador prestou servizos por conta da empresa demandada dende o 2 de maio de 2007 en períodos intermitentes e dende o 14 de maio de 2008 de forma continuada ata que foi diagnosticado da enfermidade que causou o seu falecemento. Durante o seu traballo nas baterías de cok da factoría de Avilés estivo en contacto con benceno.

A vía de absorción máis importante do benceno é a respiratoria, debido á súa volatilidade.

Segundo a Sentenza "debe concluírse que resultou probada a relación de causalidade entre o traballo desempeñado polo actor e a enfermidade que o motivou, dado que consta que estivo exposto de forma continuada durante anos ao benceno, que é un axente cancerígeno, sen os medios de protección individuais adecuados, co que a empresa demandada incumpriu de maneira evidente as normas en materia de prevención de riscos".

O fallo, contra o que cabe interpoñer Recurso de Suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, condena a Arcelor Mittal a abonar á parte demandante a cantidade de 479.985 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS