Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A Comisión Mundial da OIT abordou as principais oportunidades e desafíos relativos ao futuro do traballo

07-02-2018 - Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo OIT

A Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo concluíu a súa primeira reunión o domingo 22 de outubro do 2017, logo dun amplo debate sobre as principais forzas que están a configurar o mundo do traballo, as oportunidades que ofrece e os desafíos que deben ser superados a fin de garantir un futuro do traballo con xustiza social.

Os 28 membros da Comisión examinaron os chamados “mega factores do cambio” -ecnoloxía, demografía, cambio climático e globalización- e abordaron unha serie de cuestións específicas, como a evolución do papel da muller no mercado de traballo, a importancia da educación e das competencias, a relación entre pobreza, desigualdade e informalidade (precariedade) no mundo de traballo, as perspectivas para os mozos, o papel das empresas, os/as empregados/as e os sindicatos, e a evolución dos valores e preferencias nas sociedades que terán un impacto sobre o mundo do traballo.

A Comisión destacou a necesidade de adoptar medidas concretas para responder aos principais desafíos do mundo do traballo que están no centro das preocupacións das sociedades en todo o mundo. Para formular as súas recomendacións, a Comisión ten previsto involucrar a actores e partes interesadas. A copresidenta da Comisión Ameenah Gurib- Fakim, Presidenta de Mauricio, declarou que “o mundo globalizado no cal vivimos precisa da solidariedade mundial para facer fronte a estas cuestións que xa non son de natureza rexional nin nacional, senón que teñen unha dimensión global”. O copresidente Stefan Löfven, Primeiro ministro de Suecia, destacou que “nos referimos á necesidade dunha economía mundial que estea ao servizo de todas as persoas, non só de algunhas”.

O informe da Comisión será presentado á Conferencia Internacional do Traballo do Centenario da OIT, en 2019. Está previsto que a próxima reunión da Comisión teña lugar en febreiro 2018 en Xenebra.

A Comisión Mundial foi establecida para avaliar os cambios que están a transformar o mundo do traballo e para formular recomendacións sobre o camiño a seguir. Marca a segunda fase da Iniciativa relativa ao futuro do traballo da OIT , lanzada polo Director Xeral da OIT, Guy Ryder, en 2012, despois da primeira fase durante a cal os Estados membros da OIT organizaron diálogos nacionais e subregionales a fin de achegar os seus puntos de vista sobre o futuro do traballo.

FONTE: XENEBRA (OIT Noticias)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS