Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Traballadores por conta propia. Perfil sociodemográfico e sinistralidade laboral. Estado de situación no ano 2020

11-07-2022 - INSST

O informe sobre traballadores por conta propia achega información sobre este colectivo analizando o seu perfil sociodemográfico, baseándose na Enquisa de Poboación Activa (EPA) do ano 2020. Ademais, estúdanse os accidentes sufridos por esta poboación traballadora no ano 2020. Hai que lembrar que dende 2019 teñen a obrigación de ter a cobertura específica de accidentes de traballo pola Seguridade Social. Variables descritivas do accidente laboral como lugar de traballo, desviación e forma, así como a gravidade, achegan información esencial para coñecer a sinistralidade deste colectivo.

Dende o ano 2009 e con periodicidade anual, o Departamento de Investigación e Información do INSST presenta ao Grupo de Traballo sobre Traballadores Autónomos da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) unha análise de sinistralidade específico do colectivo de traballadores por conta propia.

Ademais do informe de sinistralidade, incorpórase un primeiro apartado cos datos de afiliación á Seguridade Social deste grupo de traballadores, por sexo e actividade económica. O resto de información que describe o perfil sociodemográfico deste colectivo de traballadores (idade, ocupación, nivel educativo) obtense a partir da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do ano 2020.

É importante especificar que a partir do ano 2019 estableceuse para os traballadores por conta propia a obrigatoriedade de ter a cobertura específica de accidentes de traballo pola Seguridade Social1. Por esta razón, non é posible obter datos evolutivos de sinistralidade, unicamente pódense comparar cos datos do ano 2019, tendo en conta que a situación pandémica que comezou no ano 2020 pode influír nalgún dos datos analizados.

Ligazón ao informe Traballadores por conta propia. Perfil sociodemográfico e sinistralidade laboral. Estado de situación no ano 2020

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS