Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - decembro 2015

22-04-2016 - INSHT

Neste informe analizáronse 12.182 Accidentes de Traballo con baixa (AT) ocorridos, entre xaneiro e decembro de 2015, tendo en conta datos mensuais acumulados e actualizados ata o 31 de xaneiro de 2016, en traballadores/as cedidos/as por empresas de traballo temporal (ETT). Dos accidentes contabilizados 11.010, o 90,3% ocorreron en xornada de traballo e 1.172, o 9,6% ao ir ou volver do traballo.

Do informe poden extraerse os seguintes datos, referidos aos accidentes que tiveron lugar en xornada de traballo :

- Dos 11.010 Accidentes de Traballo en Xornada de Traballo, 50 foron accidentes graves (22 máis que no ano 2014), 5 mortais e o resto, un 99,5%, foron leves.
- Un 76,9% dos accidentados foron homes e unhas 23,1% mulleres.
- Un 19,7% dos accidentados foron traballadores de nacionalidades diferentes á española.
- Se consideramos a distribución do AT por sector destaca Industria (46,6% dos AT), seguido de Servizos (33,7%), Agrario (18,7%) e Construción (1%).
- Por seccións de actividade son as Industrias manufactureiras as que máis casos acumularon (46,1% sobre o total de AT), seguido das actividades que conforman o sector primario (18,7%), Comercio e reparacións (11,6%) e Transporte (10,3%).
- As ocupacións que máis AT acumularon foron: Peóns das industrias manufactureiras (34,9%), peóns agrícolas (18,4%) e peóns do transporte, descargadores e afíns (8,8%).
- Os sobreesfuerzos representaron o 37% dos accidentes de traballo.
- Entre os 50 accidentes de traballo graves, 15 déronse en peóns de industrias manufactureiras e 8 en peóns do transporte.

Os datos de poboación amosan, respecto de 2012, 2013 e 2014, unha representación crecente do/a traballador/a cedido/a por ETT, alcanzando, nos
últimos trimestres de 2015, cifras mensuais próximas a 250.000 traballadores/as cedidos, sendo os sectores de servizos e industria nos que máis traballadores/as cedidos se aprecian.

En relación con 2014, obsérvase un incremento dos índices de incidencia que afecta, irregularmente, aos 12 meses do ano. Durante 2015, comparando co ano anterior, os incrementos porcentuais dos índices de incidencia oscilan entre o 2,3% de xaneiro (comparado con xaneiro do ano anterior) ata o 27,8% observado en novembro (comparado con novembro do ano anterior).

Ligazón ao informe Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - decembro 2015

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS