Plan de Choque contra os accidentes mortais na Actividade de Transporte de Mercadorías por Estrada: Prevención de accidentes en roteiro, zonas de carga e descarga 202221-11-2022 - INSSTEste documento recolle os datos de sinistralidade neste sector; analiza os accidentes producidos en roteiro, en zonas de almacenamento, carga e descarga; e propón medidas para a prevención de accidentes por patoloxías non traumáticas para o colectivo que traballa neste sector. |
---|
A inmensa maioría dos accidentes graves e mortais ocorridos no sector de Transporte de mercadorías por estrada, durante o período de 2017 a 2019, sufríronos principalmente as persoas condutoras de camións ou vehículos pesados. É importante, para evitar danos e perdas de vidas como resultado do traballo, identificar as principais causas de sinistralidade laboral, tendo en conta os riscos e os factores que poden influír na materialización destes accidentes.
Ligazón ao docuemento Plan de Choque contra os accidentes mortais na Actividade de Transporte de Mercadorías por Estrada: Prevención de accidentes en roteiro, zonas de carga e descarga 2022