Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Nova páxina de estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo

27-11-2019 - OIT

O Departamento de Estatística da OIT inaugurou un novo portal de estatísticas que facilita o acceso a datos sobre unha ampla gama de temas relacionados co traballo, por país ou por tema, en español, francés e inglés. A través do apartado Condicións de Traballo, accédese á información Estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo, que permite procuras por diferentes indicadores.

A páxina web permite obter datos laborais e aprender sobre estatísticas na materia. Facilita grandes descargas a quen necesita series de datos amplas e  tabulacións cruzadas pormenorizadas. É tamén unha ferramenta valiosa para os produtores de datos, que dispoñerán de orientacións para a recollida de datos e outros recursos.

A procura de información estatística pode realizarse por país ou por tema –como emprego, traballadores pobres, afiliación sindical e traballo infantil– e hai cadros de datos, conceptos, métodos e publicacións. Os perfís por país de  ILOSTAT son accesibles dende dispositivos móbiles mediante unha aplicación gratuíta.

O Departamento de Estatística da OIT proporciona estatísticas laborais exhaustivas, elabora normas internacionais para unha mellor medición das cuestións laborais e unha maior  comparabilidade internacional dos datos, e axuda aos Estados Membros da OIT para mellorar as súas estatísticas laborais. A OIT é o organismo custodio de 14 indicadores dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable relacionados co mercado de traballo.

Ligazón á web Estatísticas sobre seguridade e saúde no traballo
Ligazón a ILOSTAT
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS