Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

A OIT lanza unha lista de verificación para protexer a saúde e seguridade en minas durante a COVID-19

16-10-2020 - OIT

A presente lista é unha ferramenta para promover a aplicación e a mellora constante de medidas prácticas para previr e mitigar a propagación da Covid-19 na minería.

A industria mineira xoga un rol crítico nas cadeas de abastecemento do mundo e o desenvolvemento económico. Para apoiar a este sector durante a pandemia de COVID-19, a OIT lanzou unha lista de verificación con orientación específica ao sector para manter a salvo aos mineiros e ás minas.

A correcta utilización desta lista esixe unha cooperación e un diálogo social activos entre a dirección da mina, os supervisores/ as e os traballadores/ as e os seus representantes. A dirección da mina ten a obrigación de garantir a seguridade e saúde de todos os traballadores/ as e debería involucrar aos comités de seguridade e saúde ou aos delegados/ as de seguridade dos traballadores/ as no proceso. Os traballadores/ as teñen a obrigación de cumprir e aplicar con exactitude as medidas de control establecidas e teñen dereito a retirarse do traballo cando haxa motivos razoablemente fundados para pensar que presenta un perigo grave para a súa seguridade ou saúde.

É importante sinalar que a presente lista non contén todas as medidas necesarias. Deberanse engadir elementos adicionais e a lista terá que adaptarse á natureza, complexidade e características únicas de cada explotación mineira, así como á lexislación estatañ e ás directrices destinadas a mellorar a resposta á  COV ID -19.

Ligazón á Lista de control e prevención

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS