Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Publicados os datos provisionais da actuación da ITSS durante o 2013

19-03-2014 - Inspección de Traballo e Seguridade Social

A Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social, fixo públicos os cadros estatísticos (con datos provisionais), correspondentes ás actuacións levadas a cabo polo organismo no pasado ano 2013.

Ofrécese información sobre:


- RELACIÓNS LABORAIS: Ordes de servizo finalizadas, Infraccións, Importe sancións, traballadores afectados por infraccións e contratos transformados en indefinidos


- SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL: Ordes de servizo finalizadas, Infraccións, Importe sancións, traballadores afectados por infraccións, paralizacións e propostas de recarga


- EMPREGO E ESTRANXEIRÍA: Ordes de servizo finalizadas, Infraccións, Importe sancións, e traballadores afectados por infraccións


- SEGURIDADE SOCIAL: Ordes de servizo finalizadas, Infraccións, Importe sancións, traballadores afectados por infraccións, importe expedientes liquidatorios e altas en Seguridade Social promovidas pola Inspección


- OUTRAS ÁREAS:  Ordes de servizo finalizadas, Obstrucións e Informes emitidos por Comunidade Autónoma


Destes informes destacamos os seguintes datos relevantes en materia de seguriad e saúde laboral, coordinación de actividades empresariais:
Das actividades realizadas en materia de prevención de riscos laborais xa finalizadas, un 3% destínanse á coordinación de actividades empresariais. As principais infraccións detectadas en prevención son (por orde de importancia) as relativas ao tempo de traballo, aos salarios e a documentación relativa aos mesmos, tales como os recibos de salarios e liquidacións, así como tamén á transgresión da normativa que regula os contratos de traballo. As actuacións inspectoras mantivéronse en liña co exercicio anterior, así como o número de infraccións, aínda cando se produciu un incremento do 7,64% do número requirimentos formulados.

En 2013 investigáronse pola Inspección de Traballo e Seguridade Social un total de 8.968 accidentes de traballo e 747 enfermidades profesionais. Investigáronse un total de 4.721 accidentes de traballo leves, fronte aos 4.377 de 2012. No ano 2013 a Inspección de Traballo e Seguridade Social levou a cabo 140 paralizacións de traballos nos que se apreciou risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores, fronte ás 197 paralizacións que se adoptaron en 2012. Esta redución debe porse en relación cos datos xa reiteradamente expostos relativos á diminución do número de empresas inscritas e da actividade económica, especialmente acusada o sector da construción, onde se produciron tradicionalmente un maior número de paralizacións.

Referente ao número de infraccións e requirimentos da Inspección de traballo, por comunidades autónomas están á cabeza Andalucía con 2597, Cataluña 2509 e Valencia 1678.


Ofrécense diversos Cadros dos que suliñamos:
-RESUMO que completa con todo detalle a actividade realizada pola Inspección de Traballo e Seguridade Social en no Estado español en 2013 (Resumo actividade) e por comunidade autónoma (Informe CCCAA)
- INFORME sobre actuacións e resultados da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de relacións laborais, prevención de riscos laborais e igualdade (Informe actuacións)

Ligazón

Fonte: Inspección de traballo e seguridade social

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS