Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

O auxe dos sistemas de xestión de persoas traballadoras baseados na Intelixencia Artificial: a súa importancia para a saúde e a seguridade no traballo

05-07-2022 - EU-OSHA

Cada vez son máis as empresas que introducen sistemas de xestión de traballadores/as baseados na intelixencia artificial (IA) para aumentar a súa eficacia e produtividade ou para detectar riscos para a saúde e a seguridade no traballo. Estes sistemas inclúen compoñentes que controlan o rendemento e a implicación dos traballadores/as ou que planifican e asignan tarefas de forma automática.

Nun informe recente descríbense as características destas novas formas de xestión de traballadores/as, preséntase a implantación destes sistemas en Europa, explóranse as consecuencias que poden ter nos traballadores/as e analízase o marco regulamentario aplicable. Así mesmo, ofrécense recomendacións para o desenvolvemento e o uso de sistemas centrados no ser humano no lugar de traballo. Proximamente, publicarase un informe complementario sobre as implicacións na saúde e seguridade no traballo do uso dos devanditos sistemas de xestión de traballadores/as.

Informe e resumo Intelixencia artificial para a xestión de traballadores: visión xeral

A intelixencia artificial (IA) recolle datos en tempo real relativos aos empregados/as e a maneira en que desempeñan as súas funcións e estes datos utilízanse para tomar decisións de xestión automatizadas ou semiautomatizadas no lugar de traballo. O auxe irrevogable destes sistemas de xestión de traballadores/as baseados na IA presenta oportunidades, pero tamén riscos e retos para o persoal traballador.

Neste informe descríbense as características destas novas formas de xestión de persoal, as consecuencias que a súa implantación pode ter na saúde, a seguridade e o benestar dos traballadores e traballadoras e como abordalas dende o punto de vista da investigación, as políticas e a práctica. Así mesmo, ofrécense recomendacións en materia de políticas, investigación e aplicación para o desenvolvemento e o uso de sistemas de xestión de persoas traballadoras baseados na IA centrados no ser humano.

Ligazón ao informe (en inglés)

Ligazón ao resumo (en inglés)

Intelixencia artificial para a xestión de traballadores: esquema das definicións, os usos e as implicacións 

As ferramentas baseadas na intelixencia artificial (IA) están a revolucionar o traballo. Este resumo de políticas explora este fenómeno e os seus posibles efectos nos traballadores/as.

Nel defínense os sistemas de xestión de traballadores e traballadoras baseados na IA, preséntase unha visión xeral de como se aplican e por quen e explícanse os riscos e as oportunidades que implica o uso destes sistemas para a saúde e a seguridade dos traballadores/as.

Este resumo presenta as conclusións dunha investigación realizada pola EU-OSHA sobre os sistemas baseados na IA de xestión de traballadores/as e as súas implicacións para a saúde e seguridade no traballo, que se basea nunha revisión da bibliografía, en entrevistas con expertos, en consultas cos centros de referencia nacionais e nunha análise dos resultados da Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER-3).

Ligazón ao documento (en inglés)

Intelixencia artificial para a xestión de traballadores: normativa dispoñible e futura

Os sistemas de xestión de traballadores/as baseados na IA poden repercutir negativamente na saúde, a seguridade e o benestar dos traballadores e traballadoras.

Neste resumo de políticas examínase como a normativa dispoñible e recentemente proposta a nivel nacional e da UE en materia de IA, gobernanza de datos e saúde e seguridade no traballo pode mitigar os posibles efectos negativos dos devanditos sistemas na saúde e seguridade no traballo.

Así mesmo, inclúense recomendacións para reducir os riscos asociados ao deseño e o uso destes sistemas.

Ligazón ao documento (en inglés)

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS