Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

O Tribunal Superior anula o Plan de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Castela e León

18-04-2012 - PLAN DE PREVENCIÓN

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León (TSXCeL) anulou o Plan de Prevención de Riscos Laborais da Xunta. O TSX constata que a Xunta non conta con persoal para a súa execución nin implica á estrutura xerárquica da empresa no seu desenvolvemento.

Esta sentenza refírese exclusivamente ao Plan de Prevención, pero condiciona tamén a forma de prestar o servizo. CCOO demandou durante anos que o Goberno de Castela e León desenvolva un servizo de prevención propio, como esixe a Lei, mentres que éste preferiu optar por un concertado con empresas.

O Alto tribunal da Comunidade ditaminou que o Plan non se atén á Lei, xa que a Xunta conta con máis de 250 traballadores, concretamente supera os 80.000, e con esa cifra debe prestar ese servizo con recursos propios.

En Castela e León, o Plan de Prevención de Riscos Laborais da Administración desenvólveno empresas privadas.

A sentenza di que "non detalla os recursos humanos, técnicos, materiais e económicos dos que vai dispor para desenvolver a actividade preventiva" e que estas cuestións determinan a execución do Plan. En realidade, a Administración autonómica  estableceu un Servizo de Coordinación e Prevención, pero só conta con técnicos asesores e de libre designación que non teñen asignadas funcións preventivas, senón de supervisión do servizo externo que efectivamente se presta.

 Tras a sentenza, CCOO esixe de novo á Xunta que se estableza un Plan de Prevención no que se integren todas e cada unha das estruturas da Administración, porque é a "única maneira de que sexa efectivo e cumpra coa normativa vixente". Así mesmo, demanda un servizo de prevención de riscos laborais propio, "algo que tampouco se cumpre".

 

Fonte de Datos: elmundo.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS