Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

O ISSGA desenvolverá unha campaña en 60 concellos de Galicia para concienciar sobre os riscos no manexo do tractor

28-08-2014 - ISSGA

O obxectivo da campaña é chegar a esa poboación rural que utiliza o tractor con dúas mensaxes. Dunha banda, alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus aparellos e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; e, doutra banda, como órgano técnico en materia de prevención, facilitar recomendacións básicas, que, de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, cando menos, minimizarían a súas consecuencias.

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), desenvolverá unha campaña de concienciación en 60 concellos galegos para informar sobre os perigos do manexo do tractor e dos seus aparellos.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron esta iniciativa que terá unha especial incidencia na provincia luguesa pola importancia da actividade agraria na zona.

Segundo indicou Quinzá-Torroja, “aínda que o ámbito de actuación do ISSGA é o laboral e, polo tanto, as súas actuacións de promoción da prevención de riscos laborais, asesoramento técnico e investigación de accidentes diríxense ás empresas e aos traballadores e traballadoras, tamén temos a función de divulgar boas prácticas e de introducir e consolidar a cultura preventiva na sociedade en xeral”. Neste último obxectivo contextualízase esta campaña porque o 95% dos sinistros os sofren persoas maiores do medio rural que seguen a utilizar o tractor, aínda que xa non formen parte do mercado laboral. Neste sentido, máis do 52% dos sinistros mortais sófrenos persoas maiores de 65 anos. 

O obxectivo da campaña é chegar a esa poboación rural que utiliza o tractor con dúas mensaxes. Dunha banda, alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus aparellos e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; e, doutra banda, como órgano técnico en materia de prevención, facilitar recomendacións básicas, que, de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, cando menos, minimizarían a súas consecuencias. 

Ao respecto, Arias destacou que Lugo é a provincia que máis tractores en uso ten en toda España e o parque de maquinaria agrícola na provincia segue crecendo a un ritmo de algo máis do 1% anual. Así, nos últimos dez anos medrou nun 10% e o censo de tractores en particular nun 15%. Iso significa que o índice de renovación é moi alto xa que, no mesmo período, as baixas no rexistro creceron máis do 50% e pese a todo segue a aumentar o parque.

Tríptico

 

Fonte: ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS