Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

O Colexio Oficial de Médicos de Barcelona pide que se notifiquen as baixas directamente á empresa

04-05-2016 - Saúde

Nunha rolda de prensa, o presidente do Colexio Oficial de Médicos de Barcelona, indicou que as baixas laborais deberían notificarse de forma automática por parte do médico ás empresas e non como ocorre actualmente, que é o paciente o responsable de comunicar esta condición ao seu centro laboral: "É unha situación totalmente anacrónica que, con todos os avances tecnolóxicos que existen hoxe en día, sexa preciso levar un papel dunha oficina a outra".

Nun documento, denominado "O segredo profesional médico e a protección a terceiros", elaborado logo do accidente que tivo lugar o 24 de marzo do 2015 cando o copiloto dun avión da compañía alemá Germanwings estrelou a nave de forma voluntaria contra os Alpes franceses, causando a morte de 150 persoas entre pasaxeiros e tripulación, reflexiónase entre outras cousas sobre o Código Deóntolóxico, de obrigado cumprimento, que regula os límtes do segredo profesional e no que se estabelecen sancións no caso de que non se rompa o segredo médico nos casos nos que poida estar en risco a integridade de terceiras persoas. Indícase no texto que debería considerarse unha eventual regulación específica do segredo profesional no ámbito europeo, tendo en conta as diferenzas entre os marcos legais de cada estado.

Tamén se sinala que é preciso promover o desenvolvemento de programas de control para garantir boas prácticas en determinadas profesións que teñen un gran impacto social (como xuíces, pilotos, policías ou militares) de forma similar ao Programa de atención integral ao médico enfermo (Paime) que funciona con éxito dende hai catro décadas. Neste punto compre lembrar que, segundo os datos da investigación do accidente dispoñibles, o copiloto de Germanwings atopábase de baixa médica por problemas de saúde mental, pero non o notificou á súa empresa e continuou acudindo traballar.

Ligazón ao documento "O segredo profesional médico e a protección a terceiros"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS