Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Normas en materia de seguridade e saúde no traballo

11-10-2018 - OIT

Cada día morren 6.300 persoas por mor de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo: máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocorren máis de 317 millóns de accidentes no traballo. O custo desta adversidade diaria é enorme e a carga económica das malas prácticas de seguridade e saúde estímase nun 4 por cento do Produto Interior Bruto global de cada ano.”

A Declaración sobre as Empresas Multinacionais, EMN, da OIT  é un instrumento da OIT que brinda orientación dirixida directamente ás empresas sobre política social e prácticas inclusivas, responsables e sostiibles no lugar de traballo pide aos gobernos que garantan que as empresas, tanto multinacionais como nacionais, ofrezan aos seus traballadores/as normas axeitadas en materia de seguridade e hixiene. As empresas multinacionais deberían manter un nivel máximo de seguridade e hixiene, de conformidade coas esixencias nacionais, tendo en conta a experiencia adquirida a este respecto no conxunto da empresa, incluído calquera coñecemento sobre riscos especiais. Deberían poñer en coñecemento dos interesados os riscos especiais e as medidas de protección correspondentes que garden relación con novos produtos e procesos. Por outra banda, deberían desempeñar un papel de catalizador no exame das causas dos riscos á seguridade e a hixiene no traballo e na aplicación das melloras resultantes no conxunto da empresa que se trate.
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS