Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Cara a un traballo adaptable á idade en Europa: unha perspectiva das axencias da UE sobre o ciclo vital do emprego e o envellecemento

29-06-2017 - EU-OSHA

Este informe destaca varios desafíos asociados ao envellecemento da poboación activa e presenta solucións. As axencias da UE, Cedefop, EIGE e Eurofound, coordinadas pola EU-OSHA, céntraronse nun aspecto distinto do cambio demográfico e as súas implicacións no emprego e as condicións de traballo, así como a saúde e a formación dos traballadores. O informe examina as condicións de traballo, presenta exemplos de políticas centradas en garantir a seguridade e a saúde dunha poboación traballadora que envellece, ofrece unha perspectiva de xénero e estuda como poden a formación profesional e a aprendizaxe permanente fomentar un envellecemento activo no traballo.

A participación das axencias da EU concretouse nos seguintes aspectos:

- EU-OSHA presenta exemplos de políticas sobre seguridade e saúde no traballo con formulacións integradas e adaptadas ao envellecemento da poboación activa.


- Eurofound  examina as condicións laborais de traballadores de todas as idades, os resultados en materia de sustentabilidade laboral e a forma en que as políticas adecuadas poden favorecer a prolongación da vida laboral.


- Cedefop  estuda a maneira en que a educación e a formación profesionais poden contribuír ao fomento do envellecemento activo no traballo.


- EIGE  ofrece unha perspectiva de xénero sobre o problema do envellecemento da poboación activa e aborda os distintos desafíos aos que se enfrontan tanto homes como mulleres.

 

Ligazón ao documento Cara a un traballo adaptable á idade en Europa: unha perspectiva das axencias da UE sobre o ciclo vital do emprego e o envellecemento (en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS