Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A enquisa ESENER destaca as tecnoloxías dixitais e a COVID-19 como os novos retos para a xestión da seguridade e a saúde

28-07-2022 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Segundo a Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes de 2019 (ESENER), a dixitalización supón sen dúbida un problema emerxente para a seguridade e saúde no traballo (SST). A pesar do crecente uso de robots, computadores, teléfonos intelixentes e dispositivos portátiles, menos dun de cada catro lugares de traballo (24 %) debateron sobre o posible impacto destas tecnoloxías na seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras

Nos estudos de seguimento, identificáronse tamén desafíos relativos aos riscos psicosociais e a transformación das prácticas laborais por mor da COVID-19. Perfílanse como solucións unha maior participación dos traballadores/as para identificar e previr os riscos así como lexislación que impulse o cumprimento da normativa en materia de SST.

O Informe xeral de ESENER 2019 aborda estes temas, utilizando datos tomados dos máis de 45.000 enquisados/as de empresas de todos os tamaños e sectores en 33 países europeos. ESENER proporciona unha ferramenta de seguimento líder para a xestión da SST e é a fonte á que recorren os responsables políticos europeos.

Ligazón  ao informe xeral e ao resumo

Ligazón para ver o Anexo Técnico

Ligazón á Enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes de 2019 (ESENER)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS