Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

A Comisión Europea proponse restrinxir a presenza de sustancias canceríxenas, mutáxenas e teratóxenas (CMR) nos produtos de consumo

04-12-2015 - COMISIÓN EUROPEA

A Comisión Europea planea endurecer a normativa sobre a presenza nos produtos de consumo de sustancias que son carcinóxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución (CMR). Os primeiros produtos de consumo afectados serán a roupa e os produtos téxtiles para o fogar como cortinas, alfombras, toallas e roupa de cama.

A Comisión estudará a prohibición de 291 sustancias perigosas - incluíndo os ftalatos, retardantes de chama e pigmentos. A implementación da nova lexislación podería acelerarse utilizando unha vía rápida dispoñible dentro de REACH, o que faría posible evitar os longos procesos  de restrición longas habituais que requiren unha gran cantidade de documentación.

O 22 de outubro a Comisión puxo en marcha unha consulta pública, co fin de obter unha idea dos posibles efectos socioeconómicos da prohibición, que se pechará o 22 de xaneiro.

A Comisión expón a súa intención xeral de restrinxir a presenza de sustancias CMR nos artigos destinados aos consumidores, e que os produtos téxtiles son só o primeiro grupo cara ao que se dirixirían estas accións. A lista de sustancias CMR obxecto de restrición incorporaríase como un apéndice específico ao Anexo XVII de REACH.

O pasado mes de xuño o International Chemical Secretariat (Chemsec) publicou unha Guía para a xestión das sustancias químicas na industria téxtil.

Ligazón á Guía Chemsec sobre produtos téxtiles

Ligazón á Consulta da Comisión Europea

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS