Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo: prevalencia, custos e demografía na UE

22-11-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

Informe elaborado pola Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo, co fin de proporcionar unha visión xeral e actualizada da situación europea no que atinxe aos trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo, as súas causas e as circunstancias que os rodean. O informe reúne e analiza os datos existentes sobre TME nas principais enquisas e datos administrativos da UE, así como datos de fontes dos estados membros.

Os trastornos musculoesqueléticos, TME,  relacionados co traballo seguen a ser o problema de saúde relacionado co traballo máis común na Unión Europea. Traballadores e traballadoras de todos os sectores e ocupacións poden verse afectados. Ademais dos efectos sobre traballadoras e traballadores, xeran altos custos para empresas e sociedade.

Esta publicación forma parte dun proxecto, enmarcado dentro da Campaña 2020-2022 da EU- OSHA, destinado a analizar datos estatais e europeos sobre TME, a súa repercusión na saúde e no traballo, os factores de risco e as medidas de prevención e reincorporación ao traballo.

Ligazón ao informe Transtornos musculoesqueléticos relacionados co traballo: prevalencia, custos e demografía na UE (dispoñible polo momento en inglés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS