Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Substancias perigosas: follas informativas sobre lexislación e substitución

10-09-2018 - EU-OSHA

Como parte da campaña Healthy Workplaces 2018-2019, EU- OSHA publicou dúas follas informativas: “Marco lexislativo sobre substancias perigosas nos lugares de traballo” e “Substitución de substancias perigosas no lugar de traballo"

A folla informativa «Marco lexislativo sobre substancias perigosas nos lugares de traballo» ofrece un resumo claro e práctico da lexislación pertinente da UE neste ámbito, tendo en consideración a Directiva marco de  SST, Directiva de Axentes Químicos (CAD) e a Directiva sobre axentes  carcinóxenos e  mutáxenos (CMC). No texto descríbense sete pasos cara á prevención de riscos, e proporciónase un conxunto de ferramentas electrónicas interactivas gratuítas para unha avaliación de riscos máis sinxela.

"Substitución de substancias perigosas no lugar de traballo" establece información sobre a eliminación total dos riscos expostos por determinadas substancias perigosas. Esta folla informativa describe unha serie de principios fundamentais, suxestións prácticas, boas prácticas, ferramentas e métodos de avaliación de riscos, e ligazóns útiles que poden servir como guía no proceso gradual de substitución de substancias perigosas no lugar de traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS