Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Seguridade laboral en traballos en altura e construción

20-07-2022 - SEGURIDADE LABORAL

Os datos de sinistralidade laboral publicados polo Ministerio de Traballo sinalan ao sector da Construción como o de maior índice de incidencia de accidentes mortais en xornada de traballo. Dos cales, os accidentes máis comúns e graves teñen que ver coas caídas a distinto nivel. Derivado da análise das características e tipoloxía de sinistralidade máis repetida en obras de construción, os accidentes prodúcense por caídas nas cubertas ou tellados ou ben pola utilización de determinados equipos temporais de traballo, como é o caso das escaleiras de man, as estadas e as torres de acceso e de traballo móbiles.

O primeiro é definir que é un traballo en altura, o cal é calquera actividade que se realice en alturas superiores a 2 metros respecto o nivel do chan, nos que existe a posibilidade dunha caída. A realización destes traballos coas condicións de seguridade apropiadas inclúe tanto a utilización de equipos de traballo fiables, de seguir as instrucións e do adecuado mantemento dos mesmos, como da formación e capacitación específica do persoal que traballa en alturas, para facer das obras lugares de traballo seguros.

As principais medidas preventivas de traballos en altura son:

-Eliminar o risco de caída evitando o traballo en altura, sempre que sexa posible, mediante o deseño dos edificios ou máquinas que permita realizar os traballos de mantemento desde o nivel do chan ou mediante a utilización de plataformas permanentes de traballo.

-Reducir o risco de caída, cando non poida eliminarse, adoptando medidas de protección colectiva, mediante a instalación de redes de seguridade, varandas, marquesiñas, etc.

-Usar equipos de protección individual, por exemplo, sistemas anticaídas, cando as medidas indicadas anteriormente non sexan posibles ou como complemento das mesmas.

De entre as medidas de prevención a adoptar relacionadas con traballos en altura con estadas, destacan as seguintes:

-A zona de traballo, como a de paso, será protexida por varandas resistentes cunha altura mínima de 90 cm e tamén deberían contar cun listón intermedio, diagonais, rodapiés e escaleiras interiores. As plataformas non poden estar esvaradías, terán un mínimo de 60 cm de ancho e inmobilizaranse para evitar vuelcos ou esvaramentos.

-Cando se traballa nunha estada sen proteccións perimetrais ou cando exista risco de caída desde unha altura superior aos 2 metros, será sempre obrigatorio traballar con arnés de seguridade ancorado a unha liña de vida.

Os traballos sobre cubertas dan lugar ao risco de caídas a distinto nivel debido á altura e inclinación do tellado e pola rotura de elementos fráxiles, como claraboias ou lucernarios. Para evitar o principal risco de caídas en altura en cubertas débense adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á protección individual.

-Varandas definitivas ou provisionais que cubran todo ou parte do bordo da cuberta.

-Sinalización adecuada das zonas e vías de circulación, tendo en conta as placas de material translúcido e lucernarios que non poden soportar pesos, e deberán utilizarse pasarelas de circulación entre a cuberta e os traballadores facilitando desta forma a realización de traballos sobre estas.

Os tipos de sistemas de equipos de protección individual contra caídas en altura son:

-Sistema Anticaídas: Detén unha caída libre e limita a forza de impacto.

-Sistema de Retención: Prevén a caída libre; non está previsto para detela.

-Sistema de Suxeición: Prevén a caída libre e adoita ser necesario salvaguardia (por exemplo, un sistema anticaídas, protección de bordo, etc.).

Para finalizar, resaltar o “Plan de choque contra os accidentes mortais no traballo” desenvolvido polo INSST co obxectivo de minimizar a sinistralidade laboral en obras de construción a través de campañas de sensibilización e prevención fronte ao risco de caídas de altura.

Fonte: seguridade-laboral.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS