Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O futuro papel da intelixencia de datos e a aprendizaxe automática na eficiencia das inspeccións en materia de saúde e seguridade

05-06-2019 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O artigo analiza como se podería usar a intelixencia de datos nas inspeccións de traballo para seleccionar con eficacia as entidades obxecto das inspeccións en materia de saúde e seguridade. Explica como as autoridades seleccionan na actualidade os obxectos de inspección e como usan os avances dixitais para identificar empresas de alto risco.

O artigo examina exemplos de tecnoloxías relevantes na práctica, como unha ferramenta desenvolta pola autoridade norueguesa en materia de inspección laboral que, segundo parece, selecciona como obxecto de inspección a empresas de alto risco cun grao significativo de precisión.

Identifica os desafíos e conclúe que unha combinación de intelixencia artificial e humana posiblemente sería a solución ideal para unha selección en función do risco.

Ligazón ao texto (en inglés) 

Fonte Axencia Europea de Seguirdade e Saúde no Traballo (EU-OSHA)

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS