Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Contornas laborais máis seguras nos centros educativos gracias a OiRA

07-10-2019 - EU-OSHA

Os interlocutores sociais europeos CSEE e FEEE , desenvolveron, en estreita colaboración coa EU-OSHA, dúas ferramentas en liña que axudan aos centros de educación infantil e atención á infancia e aos centros de educación secundaria a avaliar os riscos de saúde e seguridade no traballo (SST) e a adoptar medidas preventivas e eficaces tanto para o persoal docente como para o non docente.

A elaboración destas ferramentas iniciouse en 2016 coa declaración conxunta de ambos os socios Como previr e combater os riscos psicosociais no sector da educación .

Os riscos no sector educativo son de natureza diversa e as ferramentas para abordalos inclúen un gran número de medidas de prevención para evitar riscos psicosociais; riscos de  resbalós, tropezóns e caídas; e riscos derivados dun mantemento inadecuado dos edificios, entre outros.

Descubra e comparta a ferramenta  OiRA para a educación secundaria  e a ferramenta  OiRA para a educación infantil e atención á infancia

Ligazón: Contornas laborais máis seguras nos centros educativos gracias a OiRA

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS