Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Como protexer aos traballadores/as vulnerables fronte ás substancias perigosas?

09-10-2019 - EU-OSHA

Algúns grupos de traballadores corren máis risco que outros cando se expoñen a substancias perigosas. Isto pode suceder porque estes traballadores/as son inexpertos, carecen de información ou son fisicamente máis vulnerables. Entre outras razóns están os cambios frecuentes de emprego, que traballan en sectores cunha baixa consciencia do risco, ou que teñen unha sensibilidade fisiolóxica maior ou diferente.

A nova folla informativa da  EU- OSHA sobre os traballadores/as vulnerables e as substancias perigosas pode ser de axuda. Nela explícanse as responsabilidades das empresas, indícanse que grupos de traballadores son especialmente vulnerables, como os traballadores/as novos, os  migrantes ou as traballadoras embarazadas -e explícase como ter en conta as súas necesidades por medio de avaliacións de risco e medidas de prevención.

Lea a folla informativa (en inglés)

Visite o sitio web da campaña «Traballos saudables» 

Infórmese sobre os grupos de traballadores en risco 

Documentos

traballadores vulnerables.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS