Financiado por:
/ Medio ambiente

Plantas mariñas como cemento ecolóxico para loitar contra o cambio climático

10-02-2014 - CLIMA

Un traballo liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) analiza o papel das plantas mariñas na protección da costa e propón un novo paradigma para aproveitar este valor ecosistémico no deseño de estratexias para reducir as consecuencias do cambio climático e facilitar a adaptación.

Segundo este estudo, estes hábitats, formados por macroalgas, pradarías submarinas, manglares e marismas, encóntranse entre os máis valiosos da Terra, xa que son capaces de regular os fluxos de nutrientes, o clima e de captar o dióxido de carbono (CO2) da atmosfera. Non obstante, nos últimos 50 anos viron reducida a súa extensión global entre un 25% e un 50%.

"A enxeñaría costeira ecolóxica baseada na utilización de ecosistemas formados por plantas mariñas supón un novo paradigma, xa que pon ao alcance de todos un novo material cuxa produción, ao contrario que a do cemento por exemplo, non leva a un incremento das emisións de CO2; ao contrario, contribúe á súa eliminación, explica o investigador do CSIC Carlos Duarte.

Unha solución eficiente

A conservación, restauración e introdución de ecosistemas costeiros formados por plantas mariñas supoñen "unha opción efectiva" de adaptación, segundo o artigo, para amortecer os riscos de inundacións e erosión costeira como consecuencia do cambio climático en áreas vulnerables.

O estudo, que contou coa participación do Instituto de Hidráulica Ambiental da Universidade de Cantabria, demostra que os ecosistemas formados por plantas mariñas son sumidoiros intensos de CO2, teñen unha gran capacidade para disipar a enerxía da ondada e elevar o nivel do fondo mariño, protexendo a zona costeira do aumento do nivel do mar.

O nivel do mar aumentou, de media, entre 1,6 e 0,2 milímetros ao ano dende 1901 e escenarios moderados de emisións proxectan un futuro cun aumento global de 0,21 a 0,48 metros en torno ao ano 2100.

Segundo o estudo, será necesario mellorar as estruturas costeiras de defensa en todo o mundo durante as próximas décadas, "o que requirirá un enorme investimento de capital para facilitar a adaptación a un nivel de cambio climático aínda incerto", apunta Iñigo Losada, investigador do Instituto de Hidraúlica Ambiental de la Universidad de Cantabria.

"A conservación e a protección dos ecosistemas que actúan como sumidoiros de CO2 encóntranse entre as solucións máis baratas e seguras para reducir a acumulación na atmosfera de gases de efecto invernadoiro e promover a adaptación ao cambio climático", precisa Duarte.

O estudo propón un equilibrio entre os instrumentos de mitigación e adaptación baseados en protexer e restaurar e introducir diversos ecosistemas costeiros con vexetación para maximizar as potenciais sinerxías. "Esta estratexia podería converterse nunha solución eficiente dende o punto de vista social e económico e podería ofrecer grandes oportunidades aos países, especialmente as nacións máis desfavorecidas, para alcanzar obxectivos de adaptación ao cambio climático sostibles mesmo aínda que os recursos financeiros e a capacidade sexan limitados", sinalan os investigadores.

 

Agenciasinc.es

 

 

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS