Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Pacto Verde Europeo: A Comisión fíxase como obxectivo unha contaminación cero do aire, a auga e o chan

12-05-2021 - COMISIÓN EUROPEA

A Comisión Europea adoptou hoxe o Plan de acción da UE: «Cara a unha contaminación cero do aire, a auga e o chan», unha das realizacións esenciais do Pacto Verde Europeo e o tema principal da Semana Verde da UE deste ano. Este documento presenta unha visión integrada para 2050: un mundo onde a contaminación redúcese ata niveis que deixen de ser prexudiciais para a saúde humana e os ecosistemas naturais, así como os pasos que é preciso dar para conseguilo. O Plan enlaza todas as políticas pertinentes da UE para combater e previr a contaminación, e fai especial fincapé na forma de usar as solucións dixitais con eses fins.

Está previsto revisar a lexislación correspondente da UE para detectar as lagoas existentes e localizar situacións nas que sexa preciso aplicar mellor as normas para cumprir as obrigacións legais.

Para conducir á UE cara á meta dun planeta san para persoas sas en 2050, o Plan de acción establece unha serie de obxectivos clave para 2030 mediante os que se busca unha redución da contaminación en orixe, en comparación coa situación actual. Eses obxectivos son os seguintes:

• mellorar a calidade do aire para reducir nun 55 % o número de mortes prematuras causadas pola contaminación atmosférica;

• mellorar a calidade da auga, reducindo os residuos, os refugallos plásticos no mar (nun 50 %) e os microplásticos liberados no medio ambiente (nun 30 %);

• mellorar a calidade do chan, reducindo as perdas de nutrientes e o uso de praguicidas químicos nun 50 %;

• reducir nun 25 % os ecosistemas da UE cuxa biodiversidade se ve ameazada pola contaminación atmosférica;

• diminuír nun 30 % a porcentaxe de persoas crónicamente afectadas polo ruído do transporte;

• reducir significativamente a xeración de residuos, e á metade a de refugallos urbanos residuais.

O Plan presenta unha serie de iniciativas e accións emblemáticas como as seguintes:

• axustar máis as normas de calidade do aire ás últimas recomendacións da Organización Mundial da Saúde;

• revisar as normas de calidade da auga, incluída a dos ríos e mares da UE,

• reducir a contaminación do chan e potenciar a súa restauración;

• revisar practicamente toda a lexislación da UE en materia de residuos para adaptala aos principios da economía limpa e circular;

• fomentar unha contaminación cero procedente da produción e o consumo;

• presentar un cadro de indicadores do rendemento ecolóxico das rexións da UE para promover a contaminación cero en todas as rexións;

• acurtar as desigualdades sanitarias causadas polo desproporcionado número de efectos nocivos para a saúde que recaen actualmente nos máis vulnerables;

• reducir a pegada de contaminación exterior da UE restrinxindo a exportación de produtos e residuos que carrexan efectos nocivos e tóxicos en terceiros países;

• poñer en marcha laboratorios viventes para solucións dixitais ecolóxicas e unha contaminación cero intelixente;

• consolidar os centros de coñecemento sobre contaminación cero da UE e reunir ás partes interesadas na Plataforma dedicada a este obxectivo;

• facer cumprir as normas de contaminación cero de forma máis rigorosa coas autoridades ambientais e outras.

Ligazón á COMUNICACIÓN DA COMISIÓN Ao PARLAMENTO EUROPEO, Ao CONSELLO, Ao COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL EUROPEO E Ao COMITÉ DAS REXIÓNS: A senda cara a un planeta san para todos Plan de Acción da UE: «Contaminación cero para o aire, a auga e o chan»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS