Financiado por:
/ Medio ambiente

Os eurodeputados votan contra unha variedade de maínzo transxénico que autorizara a Comisión Europea.

18-01-2016 - SAÚDE

A Comisión Europea debe retirar a autorización dunha nova variedade de millo transxénico para o seu uso na Unión Europea, segundo unha proposta de resolución aprobada no Parlamento Europeo por 403 votos a favor, 238 en contra e 50 abstencións.

Os eurodeputados destacan que este millo transxenico é tolerante a un herbicida composto de glifosato, clasificado como “probablemente canceríxeno” pola OMS. Tamén resaltan a morneza da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), ao pronosticar o pasado 12 de novembro que é improbable que o glifosato supoña un risco canceríxeno para os seres humanos.

Tras a votación ínstase a suspender as autorizacións dos alimentos e pensos modificados xeneticamente ata que o procedemento de autorización, actualmente en revisión, non sexa mellorado.

O revolcón propinado á Comisión Europea pon de relevo a necesidade de revisar o sistema da UE para a aprobación de Organismos Xeneticamente Modificados (GMO, en inglés). “Ao opoñerse á autorización deste millo transxénico os eurodeputados expresaron o seu reproche á Comisión”, afirma Bart Staes, portavoz dos Verdes. “A Comisión segue negándose a escoitar a voz dos cidadáns europeos e mantén un procedemento de autorización inicua, mentres que o seu presidente, Jean-Claude Juncker, comprometeuse en 2014 a propoñer unha revisión das avaliacións dos GMO. Aínda estamos a esperar esta proposta. Ata que non estea sobre a mesa opoñerémonos e alertaremos aos cidadáns da conduta antidemocrática da Comisión Europea”, comenta o eurodeputado francés, José Bové, tamén dos Verdes.

Os Estados membros que non prohiban o cultivo de GMO deberían estar obrigados a adoptar medidas de protección da agricultura convencional e ecolóxica fronte á contaminación, a deseñar réximes de responsabilidade que garantan que a carga económica da contaminación recaia sobre os produtores de GMO en lugar de sobre os agricultores convencionais e ecolóxicos, e evitar as consecuencias da contaminación transfronteiriza. A maioría dos Estados membros non teñen implantadas medidas de protección da agricultura convencional e ecolóxica fronte á contaminación por OMG, e cando as teñen non adoitan ser o bastante eficientes para protexela, segundo un ditame do Consello Europeo emitido o ano pasado.

O pasado mes de outubro Bulgaria, Alemaña, Chipre, Letonia, Grecia, Francia, Austria, Hungría, Países Baixos, Polonia, Lituania, a rexión de Valonia (Bélxica) e Gales, Escocia e Irlanda do Norte (Reino Unido) comunicaron á Comisión Europea a súa intención de prohibir o cultivo de GMO no seu territorio.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS