Financiado por:
/ Medio ambiente

Os Camiños de Santiago do Norte declarados pola UNESCO Patrimonio Mundial

13-07-2015 - UNESCO

Hai só uns días, a Unesco incluíu os Camiños de Santiago do Norte Peninsular na lista de Patrimonio da Humanidade. As catro rutas do Camiño de Santiago, agora inscritas na lista do Patrimonio Mundial, -O Camiño Primitivo, que se inicia en Oviedo; o Camiño Costeiro; o Camiño vasco-rioxano, que comeza en Irún; e o Camiño de Liébana, ramal que une o Camiño co Mosteiro de Santo Toribio- suman unha lonxitude global de 1.498,91 quilómetros.

Esta inclusión vén a completar o Camiño Francés, recoñecido pola UNESCO en 1993 e as rutas francesas do Camiño, recoñecidas en 1998.

En 2006 constituíuse o grupo de traballo, presidido polo Principado de Asturias, no que participaron todas as comunidades polas que discorren as rutas xacobeas do norte do Estado: País Vasco, A Rioxa, Cantabria, Asturias e Galiza, ademais do Ministerio de Cultura, que conclúe con esta declaración.

Tamén se incluíron no listado 16 bens de interese cultural directamente vinculados ao Camiño de Santiago.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS