Co financiamento de:
/ Medio ambiente

O aforro enerxético e as renovables claves para a redución de emisións

29-11-2012 - ENERXÍA

Nun novo informe, WWF recorda que se a Unión Europea pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 80-95%-95 para 2050, debe actuar agora. A clave é priorizar o aforro enerxético e as enerxías renovables, por enriba dos perigosos combustibles fósiles e da enerxía nuclear.

Se non logra novos compromisos, a UE só conseguirá unha redución das emisións do 40% para 2050.

O informe de WWF "Como reducir axeitadamente as emisións derivadas da enerxía", baseado na análise de CE Delft, avalía os cinco escenarios de descarbonización presentados na Folla de ruta da enerxía para 2050 da Comisión Europea. WWF demostra que esta Folla de Ruta só ten en conta un rango relativamente estreito de opcións de descarbonización, con niveis de enerxía renovable similares aos de 2030.

Segundo Jason Anderson, Responsable de Clima e Enerxía da Oficina de Política Europea de WWF: "As enerxías renovables representan solucións demostradas.

Pola contra, confiar na descarbonización da UE a través da custosa nuclear, ou coa dubidosa e pouco probada captura e almacenamento de carbono (CAC), está condenada ao fracaso. Se se ten en conta a perspectiva a corenta anos (2050), queda claro que, mentres que o gas desempeñe un papel importante durante a primeira fase, o seu uso debe diminuír fortemente co tempo, se queremos cumprir cos obxectivos climáticos,".

Este informe de WWF tamén demostra que a Unión Europea podería obter maiores beneficios de opcións máis ambiciosas, como a redución do 95% das emisións, combinando unha elevada xeración con fontes renovables, así como con importantes aforros de enerxía.

O informe identifica catro leccións clave para lograr unha maior redución das emisións e, con iso, diminuír a ameaza do cambio climático:

. O aforro de enerxía é o factor clave para a descarbonización do sistema enerxético.

. Agora é o momento de aumentar a xeración de electricidade con enerxías renovables.

. As novas infraestruturas eléctricas non deben ir marcha atrás, nin sufrir un retroceso.

. Conseguir o obxectivo do 95% de reducións de emisións, supón dende o principio un axente dinamizador do cambio.

Jason Anderson concluíu: "A escalada de custos económicos, sociais e ambientais do noso sistema enerxético actual, xunto coa ameaza do cambio climático, fai que as enerxías renovables non teñan que seguir xustificando a súa existencia, senón que sexan as convencionais as que deberían xustificar a súa continuidade".

Raquel García Monzón, técnico de enerxía de WWF España, engade: Os obxectivos a 2030 para os EU27 que WWF pide no seu novo informe teñen por finalidade lograr a redución das emisións do 95% para 2050. Son máis ambiciosos que a Folla de Ruta da Enerxía da UE, pero son a única solución posible para atallar as ameazas do cambio climático. Desta forma lograrase conseguir manter a Europa por debaixo da senda do 1,5ºC de temperatura, necesaria para non superar o límite do Planeta e evitar que os efectos do cambio climático sexan irreversibles,".

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS