Financiado por:
/ Medio ambiente

O Supremo anula o proxecto de execución de Reganosa

29-04-2016 - Medio ambiente

O Tribunal Supremo ven de anular o proxecto de construción da planta de gas de Reganosa, en Mugardos, estimando o recurso presentado por dúas asociacións veciñais de Mehá e Perlío contra unha sentenza ditada en 2013 polo Tribunal Superior de Madrid. A sentenza do Supremo, que é firme, únese á que hai unhas semanas contra a autorización administrativa previa para a instalación e obriga o Goberno, a través da Dirección Xeral de Política enerxética e Minas do Ministerio de Industria, a concederlle novos permisos nas vindeiras semanas ou a decretar a paralización da súa actividade

Dado que o fallo emitido é firme, non admite a posibilidade de recurso ordinario algún, obriga ao actual Goberno en funcións a conceder novas autorizacións nas próximas semanas, que deberan ser solicitados por Reganosa, ou ben a decretar a paralización da súa actividade.

"Esta sentenza anula a autorización de construción e todos os actos posteriores que se ditaron tras a autorización de construción, incluído a novo PXOM", indican dende asesoría xurídica do Comité Ciudán de Emerxencia da Ría de Ferrol, en relación a que o novo plan urbanístico de Mugardos si contempla o emprazamento de Reganosa. Sobre este aspecto sinálase que o PXOM actual  "se aprobou cunha instalación que agora en firme é ilegal", polo que engade que Reganosa "tería que pechar a planta e pedir comezar unha nova tramitación". Para iso Reganosa tería que "cumprir coa nova normativa ambiental e con toda a normativa de seguridade", ademais de acreditar "a viabilidade económico financeira da planta e que o PXOM contemple dita instalación".


Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS