Financiado por:
/ Medio ambiente

Informe Especial nº 24/2018: Demostración de captura e almacenamento de carbono e enerxías renovables innovadoras a escala comercial na UE: no últimos dez anos non se conseguiron os avances previstos

30-10-2018 - TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

Co obxecto de contribuír ao logro dos seus obxectivos en materia de cambio climático e de enerxía para 2020 e a máis longo prazo, a UE estableceu en 2009 dous grandes programas de financiamento destinados á captura e almacenamento de carbono e ás enerxías renovables innovadoras: o Programa Enerxético Europeo para a Recuperación (PEER) e o programa NER300.

Aínda que é probable que a UE cumpra as metas fixadas para 2020, o Tribunal constatou que ningún destes programas conseguiu introducir as actividades de captura e almacenamento de carbono na UE. O PEER contribuíu de forma positiva ao desenvolvemento do sector da enerxía eólica mariña, aínda que o programa NER300 non logrou os avances previstos no seu apoio á demostración dunha ampla variedade de tecnoloxías relativas ás enerxías renovables innovadoras.

A UE prepara actualmente a posta en marcha do Fondo de Innovación, que substituirá ao NER300 a partir de 2021, e está a deseñar o novo marco financeiro plurianual (2021-2027). É necesario acelerar a transición cara á economía hipocarbónica co fin de cumprir os seus obxectivos en materia de cambio climático e de enerxía en 2030 e a máis longo prazo. Neste contexto, o Tribunal formula unha serie de recomendacións á Comisión Europea para emendar as insuficiencias identificadas na súa auditoría, e reforzar o deseño dos futuros programas.

Ligazón ao “Informe Especial nº 24/2018: Demostración de captura e almacenamento de carbono e enerxías renovables innovadoras a escala comercial na UE: no últimos dez anos non se conseguiron os avances previstos”.

Ligazón ao Comunicado de Prensa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS