Financiado por:
/ Medio ambiente

British Petroleum pagará 18.571 millones de euros por el vertido del Golfo de México en 2010

13-11-2015 - MEDIO AMBIENTE

O 20 de abril de 2010 unha explosión destruíu a plataforma petroleira Deepwater Horizon e provocou a vertedura de máis de tres millóns de barrís de cru no Golfo de México durante case tres meses. O desastre provocou a morte de 11 persoas e resultaron feridas outras 17. O cru contaminou gran parte das costas do golfo de México e provocou importantes danos económicos e ao ecosistema mariño e costeiro. Tanto o Goberno federal como os estados máis afectados emprenderon litixios contra British Petroleum.

Agora a petroleira británica BP anuncia un acordo coa xustiza estadounidense para pagar 18.700 millóns de dólares en indemnizacións en 18 anos, pola peor marea negra da historia de Estados Unidos. Trátase aínda dun acordo preliminar, pero xa recibiu o visto e prace de Washington e das rexións afectadas.

Para a secretaria de Xustiza, o monto comprometido pola petroleira “axudará a reparar o dano realizado á economía e ecosistema do Golfo, ademais de proporcionar beneficios duradeiros á rexión durante xeracións”. Lynch comprometeuse a traballar intensamente nos próximos meses para lograr un acordo definitivo que poida ser sancionado pola Corte. De ser así, será o maior acordo cunha soa entidade da historia do país.

O recurso das petroleiras baseábase en que a vertedura foi causa do equipo de perforación, propiedade da empresa Transocean, un argumento que finalmente non foi estimado. A propia Transocean pactou o ano pasado o pago de 1.000 millóns de dólares pola súa responsabilidade civil.

O Tribunal Supremo de Estados Unidos rexeitou o recurso presentado contra as multas impostas pola vertedura baixo o amparo da Lei de Prevención da Contaminación, unha norma con rango federal.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS