Financiado por:
/ Medio ambiente

Austria prohibe a utilización do glifosato

08-10-2019 - Medio ambiente

En xullo de 2019, o parlamento austríaco aprobou unha prohibición completa do uso de glifosato en Austria, quedando prohibida a comercialización de calquera herbicida que conteña glifosato como o seu principal axente. Isto converte a Austria no primeiro Estado membro da UE en adoptar a devandita lexislación co fin de protexer a saúde pública e previr o cancro.

O proxecto de lei foi apoiado por todos os partidos, excepto o populista de centro-dereita ÖVP. Como resultado do escándalo de corrupción de  Ibizagate, Austria foi gobernada dende o 3 de xuño de 2019 por un goberno de transición composto por tecnócratas, dirixido pola ex xefa do Tribunal Constitucional de Austria e a primeira chanceler feminina na historia do país.

Segundo certos observadores, a decisión  austriaca de prohibir o  glifosato podería entrar en conflito coa autorización renovada da substancia decidida en 2017 pola Comisión Europea. Esta renovación tivo lugar en condicións moi polémicas, e os organismos reguladores da UE basearon a súa recomendación en estudos financiados por  Monsanto. As posicións da Axencia Europea de Substancias Químicas (ECHA) e a Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) foron contraditas polas da Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro, que clasificou o  glifosato como "probablemente canceríxeno" en 2015.

Outros países da UE  adoptaron prohibicións parciais de  glifosato, como Bélxica, Francia, Italia, os Países Baixos e a República Checa.

O novo Parlamento Europeo elixido en maio de 2019 deberá abordar este tema, un dos principais escándalos de saúde durante o mandato da Comisión Juncker (2014-2019).

Fonte  ETUI

A noticia en  ETUI

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS